Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude de cambio de grupos nos Graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra

Curso 2024-2025

SOLICITUDE DE CAMBIO DE GRUPO NOS GRAOS DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN E DO DEPORTE PARA O CURSO 2024-2025

  • Os formularios, tanto de permutas como de cambio individual de grupos, están na páxina web da facultade no apartado Grupos de prácticas: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/grupos-de-practicas/
  • Cada solicitante deberá adxuntar o formulario correspondente cuberto a esta solicitude.
  • No caso de permuta, unicamente unha solicitude cos datos das dúas persoas. 
  • No caso de cambio individual, ademais da solicitude , ten que engadir a documentación xustificativa correspondente (contrato de traballo e horarios selados xunto co informe da vida laboral, copia do libro de familia, acreditación de deportista de alto nivel, copia de matrícula de curso ponte ou outra, de ser o caso). 

 

NORMATIVA PARA CAMBIO DE GRUPO 2024/25

Os grupos de docencia dos graos publícanse na web do centro. Nótese que os primeiros días estes grupos son provisionais e puntualmente o centro poderá facer axustes no caso de se producir problemas de descompensacións.

Establécense dous prazos nos que se poden solicitar cambios de grupos de prácticas:

  • 9 ao 27 de setembro de 2024 (materias 1º e 2º cuadrimestre).
  • 20 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2025 (materias 2º cuadrimestre).

Considerarase a aceptación de permutas (intercambios) de grupos entre alumnado.

Considerarase a aceptación de cambios de grupo individuais motivados polas seguintes causas, entregando documentación acreditativa:

  • Incompatibilidade laboral acreditada (con vida laboral, copia de contrato e horario de traballo selado pola entidade contratante).
  • Cargas familiares debidamente xustificadas.
  • Deportistas de Alto Nivel que acrediten esta condición mediante inscrición no Rexistro de Deportistas de Elite.
  • Matrícula no curso de Adaptación ao Grao.

A aceptación dos cambios de grupo individual dependerá de que non se produzan descompensacións.

Estudaranse outras posibles causas alegadas polo alumnado, pero, en particular, NON se aceptarán cambios motivados por:

  • Superposicións de horario de materias de diferentes cursos.
  • Incompatibilidade laboral non acreditada.
  • Simultaneidade con outros estudos.
  • Problemas de transporte.
  • Adestramento deportivo.

 


Datos de contacto
Secretaría de Decanato
sdexbp@uvigo.es
986801713