Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Modificación da forma de pagamento da matrícula curso 2020/2021

Formulario de xestión de modificación forma de pagaento de prezos públicos asociados á matrícula

Pódese modificar a forma de pagamento a través deste formulario electrónico, nos seguintes prazos:

  • cambio de efectivo/tarxeta a pagamento domiciliado único ou fraccionado: ata 7 días antes do
    prazo de pagamento que figura na Folla de liquidación (en todo caso antes do 10 de febreiro de 2021).

 

  • cambio de pagamento domiciliado a efectivo/tarxeta ata o 10 do mes anterior á data de cargo da
    domiciliación (e en todo caso antes do 10 de febreiro de 2021).

Lembra que terás 30 días para pagar desde o día en que realizamos o cambio.

 

  • cambio de único a fraccionado ou viceversa: ata o 10 do mes anterior á data de cargo da
    domiciliación (e en todo caso antes do 10 de xaneiro de 2021).

Aviso importante para cumplimentar o formulario:

Si a forma de pagamento elixida é domiciliación bancaria é imprescindible cubrir o número de conta completo (todos os díxitos, incluido o código IBAN) e os datos do titular da conta (nome, apelidos e nº de DNI).

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos