Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Achega de documentación para Axuda persoal das Universidades públicas galegas curso 2020/2021

Formulario de xestión de entrega de documentación para solicitude de exención de persoal do SUG curso 2020/2021

Este formulario debe ser utilizado polas persoas que marcaron en matrícula a exención.

Lembra que a persoa titular do dereito debe responder ao correo electrónico que lle chegou no momento da matrícula confirmando a solicitude. No caso de que a persoa titular do dereito rexeite ou non confirme a solicitude, deberás aboar os prezos públicos correspondentes.

Debes subir a este formulario a seguinte documentación ata o 19 de setembro ou no caso de matrículas posteriores a esa data 10 días naturais desde a matrícula, de non telo presentado en cursos anteriores ou de producirse variación nos datos:

  • Copia do libro de familia onde figure a persoa titular do dereito e as persoas beneficiarias,
  • no caso de persoas que convivan maritalmente certificado de convivencia,
  • nos supostos de parellas de feito documentación acreditativa

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos