Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Solicitude Axudas Urxentes e Excepcionais COVID-19
Debes subir escaneados neste mesmo formulario os seguintes documentos:
- Se a situación descrita no punto 2.b) afecta a irmán/irmá do solicitante maior de 25 anos, e ascendentes ou proxenitores separados legalmente que conviven coa persoa solicitante: Certificado de empadroamento conxunto relativo ás persoas empadroadas na vivenda no momento da presentación da solicitude e nos 6 meses anteriores.
- ERTE: certificado expedido pola entidade xestora da prestación, na que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios de desemprego.
- Redución xornada laboral: copia do contrato de traballo ou anexo no que figure tal circunstancia e a nómina que conteña o concepto de redución correspondente ao primeiro trimestre do ano e ao mes en que se teña producido a diminución nos ingresos.
- Traballadores por conta propia: certificado expedido pola entidade xestora da prestación na que figure a contía mensual percibida.
- Traballador/a do fogar: certificado expedido pola entidade xestora da prestación na que figure a contía mensual percibida.
- Se por calquera motivo non pode obter a documentación que se lle esixe deberá presentar unha declaración responsable xustificando os motivos que lle impiden obter a documentación.
Unha vez finalizado recibirás corfirmación no teu correo. O rematar de cubrir o formulario online debes descargalo e presentalo (so solicitude) EN SEDE ELECTRÓNICA. A presentación en SEDE debe ser efectuada pola persoa solicitante (no caso de ser presentada por outra persoa debe subir un documento firmado de AUTORIZACIÓN).
IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Bolsas, no teléfono 986 813611 ou correo electrónico bolsas@uvigo.es.
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos