Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Achega de documentación para exención por condición de persoal das universidades públicas galegas curso 2019/2020

Formulario de xestión de entrega de documentación para solicitude de exención de persoal do SUG curso 2019/2020

Este formulario debe ser utilizado polas persoas que marcaron en matrícula a exención.

Lembra que a persoa titular do dereito debe responder ao correo electrónico que lle chegou no momento da matrícula confirmando a solicitude. No caso de que a persoa titular do dereito rexeite ou non confirme a solicitude, deberás aboar os prezos públicos correspondentes.

Debes subir a este formulario a seguinte documentación ata o 13 de setembro ou no caso de matrículas posteriores a esa data 10 días naturais desde a matrícula, de non telo presentado en cursos anteriores ou de producirse variación nos datos:

  • Copia do libro de familia onde figure a persoa titular do dereito e as persoas beneficiarias,
  • no caso de persoas que convivan maritalmente certificado de convivencia,
  • nos supostos de parellas de feito documentación acreditativa