Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Axudas para organizar Cursos de Extensión Universitaria - Ano 2019

Formulario para solicitar axudas para organizar os cursos de extensión da Universidade de Vigo no ano 2019

Teña en conta que:

  • Poden solicitar a organización de cursos de Extensión Universitaria os membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (Este formulario terá que ser cuberto pola persoa encargada da dirección do curso).
  • Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), nun só ficheiro, a documentación que se indica (o título do arquivo será a denominación do curso).
  • Unha vez rematado o proceso, débese imprimir, asinar e presentar nos Rexistros da Universidade de Vigo ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.

Documentación que se ten que achegar nun só arquivo (o título do arquivo será a denominación do curso):

-Anexo II: Datos do curso de extensión universitaria.

- Anexo III: Currículo resumido do persoal docente.

- Anexo IV: Custo do persoal docente.

- Anexo V: Orzamento estimado do curso, asinado dixitalmente pola persoa solicitante.

- No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos.

- Autorización do lugar de celebración do curso.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 08 de marzo de 2019, ás 14:00 horas.

 

IMPORTANTE: Para calquera dúbida póñase en contacto con:

Campus de Ourense:  Área de servizos á comunidade ou vicerreitoría do Campus de Ourense

Telfs: 988 387102 / 988 387300

Correo electrónico: asc-ou@uvigo.es / vicou@uvigo.es

 

Campus de Pontevedra: Área de servizos á comunidade ou vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Telfs: 986 801949 - 986 801955 / 986 802080

Correo electrónico: asc-po@uvigo.es / vic.pon@uvigo.es

 

Campus de VigoSección de Extensión Universitaria

Teléfono: 986 813626

Correo electrónico: extension@uvigo.es.