Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Asociacións estudantís: Inclusión ou actualización dos datos no Censo de asociacións - Ano 2019

Formulario para solicitar a inclusión ou actualización dos datos no Censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo

Teña en conta que:

  • Poden solicitar a inclusión no censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo as asociacións estudantís nas que a porcentaxe de membros estudantes da Universidade de Vigo sexa igual ou superior ao 50% do total de persoas asociadas.
  • A solicitude debe ser cuberta pola persoa que ostenta a presidencia ou quen teña a representación da asociación estudantil.
  • Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), en dous ficheiros, a documentación que se indica.
  • Unha vez rematado o proceso, débese imprimir, asinar e presentar nos Rexistros da Universidade de Vigo ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.

 

  • Documentación que se ten que achegar:

    - Para a Inclusión no censo:
    No FICHEIRO 1, deberá achegar (subir) a seguinte documentación:
    · Anexo II: Compoñentes da xunta directiva. Todos os membros teñen que pertencer ao colectivo de alumnado da Universidade de Vigo, ou como mínimo a presidencia, secretaría e tesourería. Este impreso debe achegarse (subirse) debidamente cumprimentado e asinado (mediante sinatura electrónica) pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.

    No FICHEIRO 2 deberá achegar (subir), nun só arquivo, a seguinte documentación (o título do arquivo será a denominación da asociación):
    • Acta de constitución da asociación estudantil, debidamente asinada por todos os promotores.
    • Certificación da súa condición de asociación legalizada pola Xunta de Galicia.
    • Fotocopia do CIF da asociación estudantil.
    • Estatutos da asociación estudantil, asinadas en todas as páxinas polos promotores e visados pola Xunta de Galicia e adaptados segundo o establecido la lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo (BOE do 26).
    • Certificación da conta bancaria, selada pola entidade, a nome da asociación estudantil.
    • Fotocopia do libro de persoas asociadas. Indicarase  o nome e apelidos, DNI/NIE e a titulación na que se atopan matriculados os membros da asociación estudantil que sexan estudantes da Universidade de Vigo. Estes últimos non poderán constituír unha porcentaxe inferior ao 50% do total das persoas asociadas.
    • Copia de NIF/NIE da persoa que ostenta a presidencia e do resto de promotores.
    • Programa de actividades para o ano 2019, aprobado en asemblea, cunha breve descrición de obxectivos e contidos, orzamento de gastos e ingresos previstos. A programación ten que estar aprobado en asemblea,  polo que é preciso que remitan unha copia da acta na que se aprobou, debidamente asinada.
 

- Para a actualización dos datos:

No FICHEIRO 1, deberá achegar (subir) a seguinte documentación:
· Anexo II: Compoñentes da xunta directiva. Todos os membros teñen que pertencer ao colectivo de alumnado da Universidade de Vigo, ou como mínimo a presidencia, secretaría e tesourería. Este impreso debe achegarse (subirse) debidamente cumprimentado e asinado (mediante sinatura electrónica) pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.

No FICHEIRO 2 deberá achegar (subir), nun só arquivo, a seguinte documentación (o título do arquivo será a denominación da asociación):

    • Relación de persoas asociadas no presente ano (ou copia do libro de persoas asociadas). Indicarase  o nome e apelidos, DNI/NIE e a titulación na que se atopan matriculados os membros da asociación estudantil que sexan estudantes da Universidade de Vigo. Estes últimos non poderán constituír unha porcentaxe inferior ao 50% do total das persoas asociadas.
    • Síntese da actividade da asociación durante o ano 2018, con referencia ao funcionamento, programas levados a cabo, resumo dos orzamentos executados e grao de participación nas actividades. As actividades ten que estar aprobadas en asemblea,  polo que é preciso que remitan unha copia da acta na que se aprobou, debidamente asinada.
  • Para calquera modificación da asociación estudantil, a documentación esixida aparece reflectida na convocatoria.

 

O prazo de presentación de solicitudes para a inclusión ou actualización dos datos no censo oficial de asociacións da Universidade de Vigo remata o 29 de novembro de 2019.

 

IMPORTANTE: Para calquera dúbida póñase en contacto coa Sección de Extensión Universitaria.

Teléfono: 986 813626

Correo electrónico: extension@uvigo.es.