Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude de exercicio de dereitos de datos de carácter persoal

Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e, de ser o caso, portabilidade dos datos

IMPORTANTE: Este formulario NON CONSTITÚE NINGÚN TRÁMITE ADMINISTRATIVO, é unha ferramenta para axudalo/a a cubrir adecuadamente unha solicitude para un fin concreto. Para poder tramitar correctamente esta solicitude, unha vez cuberta DEBERÁ IMPRIMILA, ASINALA E PRESENTALA NALGUNHA DAS OFICINAS DE ASISTENCIA EN MATERIA DE REXISTRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO DE FORMA PRESENCIAL ou ante algún dos rexistros ou oficina de correos aos que se refire o artigo 16 da LPACAP. En ambos casos debe indicar como referencia "protección de datos" e dirixila ao Reitor da Universidade de Vigo ao seguinte enderezo: Edificio Ernestina Otero, campus universitario s/n, 36310, Vigo (Pontevedra).

Infórmaselle, non obstante, que se desexa realizar a súa solicitude de dereitos de datos de carácter persoal de xeito virtual, ten a opción de realizalo directamente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), preferentemente empregando o procedemento específico SXER - Exercicio dereitos sobre protección de datos. Neste caso, debe contar con algún dos sistemas de identificación electrónica que permite a sede.  

Lexislación aplicable:

  • Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) (artigos 15 ao 22)
  • Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) (artigos 12 ao 18)
  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP)

Prazo de resolución: un mes. Dito prazo poderá prorrogarse por outros dous meses, de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.

Comprobación de datos:

Para o trámite da solicitude ante as oficinas de asistencia en materia de rexistro da Universidade de Vigo ou calquera dos medios do artigo 16.4 da LPAPAC será necesario achegar unha copia do DNI ou pasaporte da persoa interesada e, de ser o caso, da persoa representante.

Para o trámite da solicitude por sede electrónica, será obxecto de consulta por parte da Universidade de Vigo o DNI da persoa interesada e, no seu caso, da persoa representante. No caso de que se opoña a esta consulta, deberá indicalo no recadro correspondente na solicitude, motivalo adecuadamente e achegar unha copia do documento (artigo 12 do RXPD e artigos 9 e 28 da LPACAP).

No caso de denegación: Se a Universidade de Vigo non tramita a solicitude da persoa interesada, informaraa sen dilación, transcorrido un mes da recepción da solicitude, das razóns da súa non actuación e da posibilidade de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es/es).

Contacto da Delegada de Protección de Datos: As persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa delegada de protección de datos da Universidade de Vigo, no que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos, a través do enderezo electrónico dpd@uvigo.gal

Información básica sobre a protección dos seus datos:

Responsable: Universidade de Vigo

O tratamento dos datos de carácter persoal recollidos neste documento basease no RXPD e na LOPDGDD coa finalidade de xestionar o procedemento de exercicio de dereitos de datos de carácter persoal. Non se prevén cesións nin transferencias a terceiros países de ditos datos.

Os interesados poderán exercitar os seguintes dereitos: acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e, no seu caso, portabilidade dos datos.

A información recollida neste formulario procede da propia persoa interesada ou a súa representación legal.

Información adicional: Protección de datos | Universidade de Vigo (uvigo.gal)


Datos de contacto
SECRETARÍA XERAL
cosecxeral@uvigo.gal
986812018