Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude de xeración de Grupo de Innovación Docente (GID)

Área de Formación e Innovación Educativa / eafp. innovacion@uvigo.es / 986 812 035

A convocatoria aberta está destinada a presentar solicitudes de Grupos de Innovación Docente que se son aprobados comezarían a traballar no segundo cuadrimestre do ano académico 2021-22.

O prazo de presentación de solicitudes será ata as 23.59 horas do 15 de xaneiro de 2022.

 

Grupos de Innovación Docente

Os Grupos de Innovación Docente (GID) son grupos de traballo de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.

Este tipo de grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.

A Área de Formación e Innovación Educativa dependente da Escola Aberta de Formación Permanente promove esta iniciativa coa finalidade de xerar un impacto real que axude a transformar e a renovar o ensino na Universidade de Vigo.

 

Obxectivos

  • Favorecer a participación activa do profesorado en equipos  que leven a cabo actividades de innovación, renovación de metodoloxías educativas e afondamento nas competencias docentes universitarias.
  • Outorgar maior recoñecemento, proxección e difusión ás accións así coma ao profesorado implicado.
  • Contribuír á xerar unha cultura cooperativa, interdisciplinaria e de formación permanente para o desenvolvemento profesional do profesorado.
  • Priorizar a orientación dos traballos do profesorado á consecución de resultados que teñan impacto na mellora da calidade da docencia na Universidade de Vigo.

 

Solicitudes

  1. Ao longo do ano haberá dúas convocatorias:
    -Xeración de Grupos de Innovación Docente I para comezar no 1 cuadrimestre (do 1 de marzo ao 15 de xullo).
    -Xeración de Grupos de Innovación Docente II para comezar no 2 cuadrimestre (do 1 de outubro ao 15 de xaneiro).
  2. As solicitudes serán avaliadas pola Comisión de Estudos Propios (CEP).
  3. A rúbrica de avaliación aprobada é a seguinte.
  4. A Área de Formación e Innovación Educativa nun prazo de dúas semanas despois de que finalice a convocatoria informará á persoa solicitante da aceptación ou non da xeración do GID.
  5. O rexistro de Grupos de Formación Docente será único e estará centralizado na Área de Formación e Innovación Educativa da Escola Aberta de Formación Permanente.
  6. Cada grupo ten que ter unha denominación propia que o identifique co seu ámbito de traballo, as principais liñas e as temáticas de innovación nas que se sitúa.

Composición

  1. O número de persoas que compoñen o grupo será como mínimo de tres persoas, incluída a persoa que coordina.
  2. O  60 % dos/as compoñentes do grupo ten que pertencer á Universidade de Vigo.
  3. Un profesor/a só poderá pertencer a un grupo. Se excepcionalmente algún/ha docente solicitase a participación en máis dun grupo deberá solicitalo á Área de Formación e Innovación Educativa.
  4. Coordinación do grupo:
    1. Cada grupo terá un coordinador/a que ten que ser persoal docente e investigador con vinculación permanente coa Universidade de Vigo.
    2. Funcións de coordinación:
      • Exercer a representación do Grupo de Innovación Docente.
      • Avisar dos cambios dos grupos.
      • Presentar a memoria anual.

 

Seguimento dos grupos

Como criterio de renovación e permanencia, cada ano natural os grupos deberán:

  1. Pasar un proceso de avaliación.
  2. Actualizar os seus datos: altas e baixas de persoas, disolución, fusión...

 

Recoñecemento

  1. As persoas que participen no Grupo de Innovación Docente recibirán un certificado de participación ou coordinación unha vez que pasaran seis meses da súa creación.
  2. A colaboración nun GID será recoñecida no Docentia.

A Área de Formación e Innovación Educativa poderá solicitar a colaboración académica destes grupos para impartir formación, actuar coma persoal experto nun ámbito específico ou elaborar materiais e recursos de soporte á innovación e mellora docente.

A devandita área aportará aos grupos visibilidade a través de diferentes mecanismos (web da Universidade de Vigo etc.).