Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Premios Incuvi-Emprende 2019

Premios Incuvi-Emprende 2019

PREMIOS INCUVI-EMPRENDE 2019

BASES

As bases da convocatoria están dispoñibles na web

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/392

 

PERSOAS DESTINATARIAS

1. Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

  • Alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de grao ou mestrado no
    curso 2019/2020.
  • Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2016/2017
    ou posteriores.

2. Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de catro
persoas; neste último caso terán unha persoa coordinadora que deberá ser membro do
grupo.

3. Os proxectos debe estar relacionados con algunha das ramas de coñecemento das
titulacións oficiais: artes e humanidades, ciencias, ciencias da saúde, ciencias sociais e
xurídicas, e enxeñaría e arquitectura.

4. Non se admitirán proxectos presentados por grupos nos que algún dos membros fose
premiado en anteriores convocatorias de INCUVI.
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas

 

PRAZO

O prazo de presentación de sollicitudes rematará o 18 de octubre de 2019.

 

PREMIOS

O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 3 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos

O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente. 

 

DOCUMENTACIÓN

O documento pdf resultante deste formulario deberá ser presentado á Área de Emprego e Emprendemento a través dalgún dos dous seguintes medios:

  1. Impreso en papel e asinado manualmente, a través do rexistro xeral da Universidade de Vigo ou en calquera dos seus rexistros auxiliares.
  2. En formato pdf e asinado con certificado dixital, dirixido ao correo electrónico que se indica a continuación, acompañando ao resto da documentación.

Todos os proxectos deben enviar un correo electrónico ao enderezo areaemprego@uvigo.es  co asunto INCUVI – “NOME DO PROXECTO” achegando a seguinte documentación:

  1. Copia do DNI de todas as persoas solicitantes
  2. Curriculum Vitae de todas as persoas solicitantes.
  3. Carta de interese en que xustifiquen a súa motivación para participar nesta edición, así como as súas expectativas no caso de resultar gañadores ou gañadoras.

Opcionalmente, poderase completar esta documentación con:

  1. Un resumo executivo do proxecto en formato .pdf cunha extensión máxima de 6 páxinas no que se inclúan textos, gráficos ou imaxes que permitan á comisión obter unha visión máis completa do proxecto.
  2. Logotipo do proxecto en formato jpg.