Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Formulario de inscrición | Formación en divulgación científica. Plan Ciencia de Ida e Volta

Formulario de inscrición | Formación en divulgación científica. Plan Ciencia de Ida e Volta

Dentro do plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, titulado “Ciencia de ida e volta 26-27”, ofreceremos unha nova actividade formativa sobre divulgación. Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Nesta nova edición trátase dunha formación ONLINE para a comunidade investigadora da Universidade de Vigo e público externo á institución.

PRAZAS

  • 90 prazas*

* As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e confirmaranse por correo electrónico. No caso de que a demanda supere a oferta, xerarase unha lista de agarda ante posibles baixas.

DATA E HORARIO

  • Mércores 28 de outubro de 2026 de 16.00 a 18.00 horas.*

* Iranse publicando as seguintes datas e haberá que inscribirse individualmente a cada sesión.

LUGAR

  • Campus remoto da Universidade de Vigo.

CONTIDOS

  •  Comunicar a túa ciencia

Neste curso abordaranse as claves para comunicar de xeito eficaz e atractivo, desde a construción da mensaxe e a súa estrutura ata o uso da narrativa aplicada á divulgación científica, adaptando os contidos ao tempo dispoñible e ás características do público. Traballarase tamén o corpo como ferramenta de comunicación, facendo fincapé na expresión corporal, a presenza física, a confianza e a preparación, así como no uso da voz. 

Será unha sesión de 2 horas de duración, eminentemente práctica, na que se combinarán explicacións con exercicios individuais e dinámicas participativas. O obxectivo é que cada persoa adquira ferramentas e recursos que poida poñer en práctica no seu día a día.

Esta sesión será impartida por Lara Capeáns (LUMAREDA). Lara é licenciada en Comunicación Audiovisual e traballoou máis de dez anos como realizadora e editora de videoclips e documentais (polos que recibiu varios premios internacionais). En paralelo, comezou a impartir clases regulares e obradoiros de técnicas audiovisuais e escénicas en centros educativos, culturais e sociais. En xaneiro de 2023 creou LUMAREDA como a unión de todas as súas múltiples facetas profesionais: audiovisual, teatro, comunicación e ensinanza.

--

Os datos deste formulario son recollidos e tratados pola Unidade de Cultura Científica que os utilizará para facer posible a emisión dos certificados solicitados.
Máis información sobre protección de datos e dereitos dixitais:

  • Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
  • Información sobre protección de datos da Universidade de Vigo https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Datos de contacto
Unidade de Cultura Científica e da Innovación
ucc@uvigo.gal
986130263