Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Charlas do catálogo científico-divulgativo da Universidade de Vigo. Curso 2026/2027

Formulario das charlas do catálogo científico-divulgativo da Universidade de Vigo. Curso 2026/2027

Destinatarios: Actividade dirixida ao estudantado de 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior, coa finalidade de promover o interese pola ciencia, a investigación e a innovación, achegando ao alumnado os principais avances e ámbitos de traballo desenvolvidos na Universidade de Vigo.

Obxectivo: O obxectivo destas charlas é divulgar o coñecemento científico xerado na Universidade de Vigo e espertar vocacións académicas e profesionais, permitindo ao alumnado coñecer de primeira man diferentes áreas de investigación e a súa aplicación na sociedade.

Solicitude das charlas: Os centros educativos poderán solicitar as actividades do catálogo científico-divulgativo a través deste formulario. Cada centro poderá presentar un máximo de tres (3) solicitudes.

Modalidade e datas de realización: As charlas poderán impartirse en modalidade presencial, nas instalacións do propio centro, ou virtual, segundo as características da actividade e a dispoñibilidade do profesorado da Universidade de Vigo. A súa realización terá lugar entre os meses de outubro e abril, en datas acordadas directamente entre o centro educativo e a persoa responsable da actividade na Universidade de Vigo.

Cumprimentación do formulario: Para formalizar correctamente a solicitude, será necesario cubrir todos os campos do formulario. Nos apartados relativos ás datas deberá introducirse algún valor, numérico ou textual, mesmo cando non se soliciten actividades nese bloque.

 


Datos de contacto
Sección de información ao estudantado
sie@uvigo.gal
986812693