Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Inscrición Xornada "Coñece a carreira investigadora na UVigo"- 26 febreiro 2026

A través deste formulario podes inscribirte na Xornada "Coñece a carreira investigadora na UVigo"

A Xornada "Coñece a carreira investigadora na UVigo" terá lugar o vindeiro 26 de febreiro entre as 12:00 e as 13:30 horas. Ten por obxectivo dar a coñecer os pasos para chegar a ser investigador/a, os itinerarios, a estrutura, as características e/ou as oportunidades que proporciona a Universidade de Vigo ao alumnado interesado en desenvolver a súa carreira investigadora na nosa institución.

A xornada realízase en modalidade presencial: (Sala 1 do Edificio Miralles) e modalidade virtual: UVigoTV (Miralles - Sala 1)  *acceso estudantado: non require contrasinal. Introduce só o teu nome.

Público: alumnado de mestrados ou programas de doutoramento tanto da Universidade de Vigo como doutras institucións con interese por comezar a súa carreira investigadora e, especialmente con interese por desenvolvela na Universidade deVigo.  

PROGRAMA

  • 12:00 hs. Apertura a cargo da Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • 12:10 hs. Presentación sobre a carreira investigadora. Escola Internacional de Doutoramento (EIDO).
  • 12:40 hs. Presentación a cargo da Asociación de Persoal Investigador da Universidade de Vigo (APIUVigo).
  • 13:10 hs. Quenda de preguntas.
  • 13:30 hs. Peche da Xornada.

As persoas interesadas deberán inscribirse a través deste formulario. 

 


Datos de contacto
Área Captación de Alumnado
tecnica.captacion@uvigo.gal
986 130 270