Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Portas Abertas do Campus de Pontevedra-3 febreiro/24 marzo 2026
Actividade dirixida a centros educativos de Galicia con alumnado de Bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do Campus de Pontevedra. Cada centro educativo poderá solicituar unha das dúas datas nas que se celebra esta actividade: 3 de febreiro ou 24 de marzo de 2026.
PROGRAMA. 3 de febreiro e 24 de marzo. (VISITAS AO CAMPUS POR ITINERARIOS ACADÉMICOS)
09.30 a 10.00 h Recepción centros participantes
10.00 a 10.15 h Recepción institucional.
10.30 a 13.00 h Visitas ás Facultades e Escolas.
- Ámbito humanístico: Belas Artes e Deseño.
- Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Forestal.
- Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
- Ámbito de ciencias sociais: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Dirección e Xestión Pública.
- Ámbito de ciencias da saúde: Fisioterapia e Enfermaría.
13.00 h Fin da xornada
A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra colabora co pago dos 5 primeiros buses (completos) para cada unha das xornadas que inscriban os centros educativos a través deste FORMULARIO.
REQUISITOS PARA RECIBIR AXUDA NO DESPRAZAMENTO
- Os centros educativos deberán estar situados a unha distancia igual ou superior aos 30 kms de distancia do Campus de Pontevedra.
- O alumnado deberá estar cursando, exclusivamente, estudos de Bacharelato ou ciclos superiores de FP.
- Os grupos de alumnado deberán ser de, polo menos, 50 persoas (bus completo).
- A concesión da axuda para os 5 buses por xornada será por orde de inscrición.
- Só se pagará un bus por centro educativo.
Datos de contacto
Área de Servizos á Comunidade
asc-po@uvigo.gal
986 801 949