Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Formulario de inscrición | Formación en comunicación científica. Plan Ciencia de Ida e Volta
Dentro do plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, titulado “Ciencia de ida e volta 25-26”, ofreceremos unha nova actividade formativa titulada "Comunica a túa ciencia". Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Trátase dunha formación PRESENCIAL dirixida á comunidade da Universidade de Vigo (PDI, alumnado e PAS), e aberta a docentes e responsables de comunicación externos.
PRAZAS
40 prazas*
* As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e confirmaranse por correo electrónico. No caso de que a demanda supere a oferta, xerarase unha lista de agarda ante posibles baixas.
DATAS
10 de outubro de 09.00 a 14.45 horas
13 de outubro de 09.00 a 14.45 horas
LUGAR
Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés, 11, Vigo). 2ª planta - Aula 1
CONTIDOS
O obxectivo desta formación é dotar as persoas participantes de recursos prácticos para mellorar as súas habilidades de divulgación científica: aprender a conectar coas audiencias e falar en público con confianza, coñecer ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á divulgación e aproveitar o potencial das redes sociais. Como novidade, inclúense dúas sesións dedicadas ás técnicas teatrais, que permitirán explorar novas formas de expresión e comunicación creativa para achegar a ciencia dun xeito máis próximo e atractivo.
VENRES, 10 DE OUTUBRO
- 09.00 – 13.00 horas. Por que e como contar ciencia de forma creativa e atractiva. Ferramentas para divulgar en RRSS.
Tamara Pazos Cordal. Técnica de Comunicación e Divulgación Científica no CICA (UDC). Estudou Bioloxía na UDC e realizou o Máster interuniversitario en Neurociencia da USC especializándose en neurociencia cognitiva. Na súa tese investiga sobre o uso da divulgación como prevención de riscos sanitarios. Na actualidade, adícase á comunicación científica en distintas plataformas como o podcast “Un humano por persona” ou a canle de YouTube “PUTAMEN_T”, especializada en neurociencia, comportamento e divulgación científica.
- 13.15 – 14.45 horas. 1ª sesión Técnicas teatrais aplicables á comunicación e divulgación científica.
Os obxectivos destas sesións son:
- Aplicar as técnicas comunicativas das artes escénicas á labor de difusión na investigación científica.
- Aprender a comunicar unha mensaxe complexa de xeito dinámico e sinxelo empregando diferentes elementos de significación.
- Afrontar un concepto técnico dende diferentes paradigmas, procurando unha lóxica asociativa non logocentrista.
Constance Hurlé. Directora e intérprete na compañía de artes vivas Constance Hurlé e directora da produtora e distribuidora Hurlé prods. Productora, bailarina e manager de Ghastas Pista swing project. É licenciada en filoloxía clásica pola Universidade de Santiago de Compostela e titulada no Máster en Investigación en Estudos do Teatro pola Universidade Autónoma de Barcelona. Ten unha liña de investigación teórico-práctica que parte da premisa do teatro danza como ferramenta para o autocoñecemento que aplica ás súas investigacións escénicas en forma de pezas de sala, performances, micro pezas, recitais ou poesía escénica.
LUNS, 13 DE OUTUBRO
- 09.00 – 13.00 horas. Comunicación científica na Era Dixital
Contidos:
Módulo 1: A arte de falar en público e captar a atención
- Anatomía dunha charla e storytelling
- Uso da linguaxe corporal, a voz e o ritmo para manter o interés
- Estratexias para conectar emocionalmente coa audiencia
- Ferramentas de presentación. Morte por PPT
Módulo 2: Ferramentas para divulgar en redes sociais (algunhas consideracións)
- Tipos de contido divulgativo
- Plataformas chave: X (Twitter), Instagram, TikTok, YouTube, LinkedIn
- Boas prácticas
- Como medir o impacto
- Riscos e desafíos
Módulo 3: Aplicacións da IA para a comunicación científica
- Ferramentas basadas en IA para xerar textos, imaxes e vídeos
- Asistentes para corrección de estilo, tradución e simplificación da linguaxe técnica
- Automatización de tareas
- Percepción da IA
- Consideracións éticas
Óscar Huertas Rosales. Bioquímico, doutor en microbioloxía e divulgador científico. Na actualidade é responsable de comunicación do instituto DaSCI na Universidade de Granada.
A súa traxectoria profesional combina a investigación científica, a comunicación institucional e a divulgación pública da ciencia. Óscar defínese como un “curioso eterno”, cunha pasión constante por entender o mundo e compartir ese coñecemento cos demais. O seu perfil combina ciencia, arte, comunicación e compromiso social, e segue explorando novas formas de achegar o coñecemento científico a todos os públicos.
- 13.15 – 14.45 horas. 2ª sesión Técnicas teatrais aplicables á comunicación e divulgación científica.
Metodoloxía:
Empregaranse tres liñas de traballo, relacionadas coa lingüística e a paralingüística a través das ferramentas do teatro.
- Comunicación a través da linguaxe verbal.
- Comunicación a través da linguaxe corporal.
- Comunicación a través da posta en escena.
Constance Hurlé.
--
Os datos deste formulario son recollidos e tratados pola Unidade de Cultura Científica que os utilizará para facer posible a emisión dos certificados solicitados.
Máis información sobre protección de datos e dereitos dixitais:
- Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
- Información sobre protección de datos da Universidade de Vigo https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Datos de contacto
Unidade de Cultura Científica e da Innovación - UCC+i
ucc@uvigo.gal
986 130 263