Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Programa Embaixadores UVigo

Programa dirixido a persoal docente con dispoñibilidade para impartir charlas segundo ámbito de coñecemento en centros de ensino secundario e FP de Galicia.

A través deste programa a Universidade de Vigo pretende reunir a pesoal docente que imparta charlas informativas específicas dirixidas a estudantado de educación secundaria e FP Superior de centros que así o soliciten. O obxectivo é informar sobre todos os graos que conforman os eidos de coñecemento, plans de estudo e saídas profesionais dos mesmos.

Os eidos de coñecemento que conforman o programa son os seguintes:

  • Arte: Belas Artes e Deseño.
  • Humanidades: Filoloxía e Tradución e Xeografía e Historia.
  • Comunicación: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas.
  • Educación: Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Traballo Social.
  • Xurídico-Empresarial e Social: ADE, Comercio, Dereito, Dirección e Xestión Pública, Economía, Relacións Internacionais, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Turismo.
  • Ciencias: Bioloxía, Ciencias do Mar, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química.
  • Ciencias da saúde: Enfermaría e Fisioterapia.
  • Tecnoloxía:  Intelixencia Artificial: Enxeñarías: Agraria, Automoción (dual), Biomédica, Eléctrica, Electrónica Industrial e Automática, Enerxía, Forestal, Informática, Mecánica, Organización Industrial, Química Industrial, Recursos Mineiros e Enerxéticos, Tecnoloxías de Telecomunicación, Tecnoloxías Industriais, PARS: Aeroespacial, Informática, Biomédica, Tecnoloxías Industriais, Telecomunicación.

As sesións terán unha hora de duración, entre xaneiro e maio do curso académico e confirmaranse acorde á dispoñibilidade do profesorado UVigo. No relativo ás datas e horario, os centros educativos poden propoñer na súa solicitude até un máximo de dúas datas e o acordo final establecerase co/coa docente UVigo correspondente.  

A Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade:

  • Proporcionará material de apoio para as presentacións.

Ademais, previo rexistro no formulario habilitado para tal fin:

  • Emitirá un certificado por cada charla impartida.
  • Asumirá os gastos dos desprazamentos.

Máis información


Datos de contacto
Área de Captación de Alumnado
tecnica.captacion@uvigo.gal
986 130 270