Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
CONCURSOS 2024 - XXI PREMIO DE MAQUETAS DE MÚSICA
Quén pode participar:
Estudantado, PAS e PDI da comunidade universitaria da Universidade de Vigo, solistas ou aqueles grupos que teñan entre os seus compoñentes ao menos 2 membros da citada comunidade, que serán 3 no caso de grupos de 5 ou máis compoñentes. Esta condición débese manter ata o remate de presentación de solicitudes.
Non poden tomar parte neste concurso solistas ou grupos que teñan editado algún traballo discográfico, agás que sexa autoeditado e non conten con respaldo discográfico na actualidade.
Os temas incluídos na maqueta non poden ter sido premiados en ningún outro concurso.
Pasos a seguir para participar:
- A persoa autora da obra ou a persoa que representa ao grupo de traballo cumplimentará este formulario a través da súa secretaría virtual na Uvigo.
- Unha vez cumprimentado premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargámolo e asinámolo con certificado dixital. Este documento será o que presente na sede electrónica de acordo co paso 3
- No prazo de solicitude a persoa participante accederá á sede electrónica da UVigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2024”. Despois de ler a información deberá premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”. No campo “asunto” indicará o premio e modalidade á que opta. No campo de "documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso anterior. Por último premerá "enviar solicitude".
O "Xustificante de presentación en sede" inclúe as ligazóns do programa informático e o contrasinal de acceso que se necesitará para cargar a obra que presenta ao concurso.
O arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de xustificante de presentación e deberá ter o seguinte formato: estar en formato mp3 con calidade aceptable e contará cun mínimo de 3 temas orixinais e cun máximo de 6 (cun tamaño máximo de 15Mb por tema) usando formato zip para a súa compresión.
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
Universidade de Vigo resérvase a posibilidade de editar un CD ou DVD con temas das persoas gañadoras en cada modalidade ou promover actuacións destas. Non obstante, as persoas autoras poderán facer uso delas mencionado o premio obtido.
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xullo de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).
Neste mesmo prazo terá que adxuntarse a obra, recoméndase que o día que presenten a solicitude a continuación presenten a obra.
A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.
INFORMACIÓN E CONSULTAS:
Sección de Extensión Universitaria
Teléfono: 986 813626
Correo electrónico: extension@uvigo.es
Datos de contacto
SECCIÓN DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
extension@uvigo.es
986 813626