Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Xornada de Portas Abertas do Campus de Pontevedra-24 abril 2025

Formulario para a solicitude de asistencia (e axuda para desprazamento) na Xornada de Portas Abertas no Campus de Pontevedra.

Actividade dirixida a centros educativos de Galicia con alumnado de Bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do Campus de Pontevedra.

PROGRAMA. 24 ABRIL. (VISITAS AO CAMPUS POR ITINERARIOS ACADÉMICOS)

09.45 a 10.00 h Recepción no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

10.00 a 10.30 h Recepción institucional.

10.30 a 13.00 h Visitas ás Facultades e Escolas.

  • Ámbito humanístico: Belas Artes e Deseño.
  • Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Forestal.
  • Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
  • Ámbito de ciencias sociais: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Dirección e Xestión Pública.
  • Ámbito de ciencias da saúde: Fisioterapia e Enfermaría.

13.00 h Fin da xornada

A Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade promove esta actividade mediante o pago dos 10 primeiros buses (completos) que inscriban os centros educativos a través deste FORMULARIO.

REQUISITOS PARA RECIBIR AXUDA NO DESPRAZAMENTO

  1. Os centros educativos deberán estar situados a unha distancia igual ou superior aos 30 kms de distancia do Campus de Pontevedra.
  2. O alumnado deberá estar cursando, exclusivamente, estudos de Bacharelato ou ciclos superiores de FP.
  3. Os grupos de alumnado deberán ser de, polo menos, 50 persoas (bus completo).
  4. A concesión da axuda para os 10 buses será por orde de inscrición.
  5. Só se pagará un bus por centro educativo.

Datos de contacto
Área de Servizos á Comunidade Pontevedra
asc-po@uvigo.gal
986-801949