Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Concurso Móvete polos ODS

Datos necesarios

Concurso Móvete polos ODS

A Rede Galega de Cooperación Universitaria, integrada pola Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, convoca a terceira edición do concurso de vídeos "Móvete polos ODS", co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...

O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática

de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas

que se materializan estes obxectivos.

Podes consultar a convocatoria completa aquí:

O prazo para presentar solicitudes está aberto ate o día 30/09/2023

Lembra que unha vez cuberto este formulario debes presentalo pola sede electrónica da UVigo:

https://sede.uvigo.gal/:

Dirixido á: Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade. Universidade de Vigo.

Asunto: Concurso "MÓVETE POLOS ODS” DA REDE GALEGA DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA PARA O DESENVOLVEMENTO.

 

 


Datos de contacto
Área de Equidade e Diversidade
direc.equidade@uvigo.es
986130261