Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Inscrición Obradoiros EMPREGarte EMPREGOinCAMPUS VIGO
Ao fin de axudar ao alumnado e persoas recén egresadas a preparar as súas candidaturas de cara a súa participación nas feiras EMPREGOinCAMPUS que terán lugar ao longo do mes de marzo nos campus niversitarios de Vigo e Ourense, dende a Área de Emprego e Emprendemento (AEE) da Universidade de Vigo pomos a disposición da comunidade universitaria un total de 7 obradoiros presenciais gratuítos, poidendo facer todos ou so aqueles nos que amoses interese.
A asistencia aos 7 obradoiros pode recoñecerse como créditos ECTS; cun total de 40 horas no Pasaporte de Empregabilidade.
O programa é o seguinte
6 de marzo de 2023 no Campus de Vigo:
- Obradoiro Presencial: "Triunfa co teu Video-curriculum e converte a información en emoción" (de 15:00 a 19:00). Seguimento/ mentorización dos vídeos a través de titorias personalizadas (1 hora a convir): semana do 8 ao 15 de marzo
9 de marzo de 2023 no Campus de Vigo
- Carta de presentación e elaboración dun CV (de 9:30 a 11:30 h)
- Os procesos de selección: test psicotécnicos, dinámicas de grupo e entrevistas de selección (de 12:00 a 14:00 h)
14 de abril no Campus de Vigo
- Autocoñecemento: o teu proxecto profesional (de 9:30 a 11:30 h)
- Coñecemento do mercado laboral: como e onde buscar emprego (de 12:00 a 14:00 h)
21 de abril de 2023 no Campus de Vigo
- Como entender a nómina e información laboral para dummies (de 9:30 a 11:30 h)
- Buscar e atopar traballo en Europa (de 12:00 a 14:00 h)
Lugar: Salas (por determinar)
Para que se impartan obradoiros ten que haber unha asistencia mínima de 20 persoas.
A continuación, poderás anotarte.
Datos de contacto
Área de emprego e emprendemento
orientacionlaboral@uvigo.es
986814037