Secretaría Uvigo

Responsable de Produción de Marisco

OE-AEE-21-0164

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación07/10/2021
Data de fin da publicación30/11/2021
Entidade XestoraElzear Agribusiness
Entidade ContratanteELZEAR AGRIBUSINESS selecciona para empresa africana do sector alimentario
Posto de traballoResponsable de Produción de Marisco
FunciónsA empresa seleccionadora é unha empresa situada en París e especialista no recrutamento para o sector agropecuario e agroindustrial. Elzear Agribusiness e o seu cliente son empregadores que respetan a diversidade.

Reportando á Dirección, o Responsable de Dirección debe dirixir o seu equipo multicultural duns trinta membros cuxas funcións son:
- Xestión de produción de mariscos, dende o desenvolvemento das gónadas e o desove, pasando polo desenvolvemento embrionario, larvario e a metamorfosis. Control da alimentación, crecemento e vixilancia da mortalidade na granxa.
- Garantir a estabilidade das temperaturas, calidade da auga e bacterias na auga.
- Algocultura.
- Operacións de incubación e de xestión do desove e da fertilización.
- Adaptar a alimentación e a nutrición á población, en función dos obxectivos de produción: calcular as racións de alimento, a composición da dieta e da inxesta de alimento mediante o control da temperatura, da salinidade, da calidade da auga de mar, dos ovos e larvas e das posible enfermidades.
- Supervisar o asentamento e a metamorfosis, definir unha estratexia para estimular o asentamento da larva. Asegurar o bo estado dos sustratos de fixación.
- Xestionar os tanques e as concas e operacións da gardaría: manter e adaptar os equipos ás actividades de incubación e manter as tablas de rexistro actualizadas.

OFRÉCESE:
- Contribución ás pensións.
- Boas condicións de vida: sitio portuario, industrial e loxístico (porta de África) e en forte desenvolvemento turístico.
Nivel de estudos requeridoTitulados/as
Estudos da UVigo requeridos
  • Grao / Lic. en Ciencias do Mar
  • Grao / Lic. en Bioloxía
CoñecementosA VALORAR:
- Posuír o titulo de Máster Universitario en Acuicultura.
- Experiencia en xestión de produción de criadeiros de bivalvos.
Competencias Valorarase
  • Inglés nivel A2
  • Francés nivel A2
  • Capacidade de aprendizaxe autónoma
  • Capacidade para traballar nun contexto multicultural e/ou internacional
  • Capacidade de organización e planificación
  • Comunicación oral e/ou escrita
  • Liderado
  • Motivación pola calidade
  • Traballo en equipo
Número de vacantes1
Tipo de contratoC. indefinido
XornadaCompleta
Lugar de traballoAfrica Occidental
Documentación a presentarCurriculum Vitae actualizado
Entrega de documentaciónEnviar por correo electrónico a EPilard@elzear.com indicando no asunto a denominación do posto ofertado.

Persoa de contacto: Emmanuel Pilard, Tlf. +33 646 074 794
Atrás