Secretaría Uvigo

Enxeñeiro/a de Procesos, Métodos e Tempos

OE-AEE-21-0103

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación08/06/2021
Data de fin da publicación11/07/2021
Entidade XestoraDEPÓSITOS COBALLES, S.L.
Posto de traballoEnxeñeiro/a de Procesos, Métodos e Tempos
FunciónsO obxectivo e optimizar a fabricación na planta a través da análise, definición e implantación de procesos produtivos e aplicando a mellora continúa aos procesos existentes, logrando deste modo maximizar a produtividade cos métodos e tempos. En dependencia da Dirección da Planta, asumirás a responsabilidade das seguintes funcións:

- Describir, mellorar e rexistrar os métodos e tempos empregados en cada posto de traballo e os correspondentes tempos asignados.
- Responsable de todas as xestións relativas a métodos e tempos actuais e propor melloras ou cambios que melloren a produtividade.
- Rexistrar o método actual da persoa traballadora (conxunto de operacións realizadas para levar a cabo a súa fase de produción).
- Medir o tempo empregado pola persoa traballadora seguindo un método concreto e aplicar diferentes técnicas de control: cronometraxe, tempo predeterminado, etc.
- Estimar a actividade que desenvolve a persoa traballadora.
- Segmentación de procesos de fabricación en operacións e equilibrados en liñas de produción.
- Análise de métodos da organización da produción e implantar, rexistrar e medir os novos métodos, cos novos tempos e actividades.
- Identificar a necesidade de formación para poder contribuír a unha mellora de métodos.
- Xestionar as modificacións oportunas en máquinas e instalacións, de modo consensuado coas persoas responsables de todos os departamentos implicados e a Xefatura de Fábrica.
Nivel de estudos requeridoTitulados/as
CoñecementosOferta dirixida a calquera Enxeñaría Industrial, preferentemente en Organización Industrial.

IMPRESCINDIBLE:
- Formación en Lean ou Kaizen
- Experiencia mínima de 2-3 anos en funcións afíns en entorno industrial de produción intensiva.

OFRÉCESE: contrato estable con posibilidades de crecemento profesional.
Competencias Imprescindible
  • Inglés nivel B2
Valorarase
  • Capacidade de aprendizaxe autónoma
  • Capacidade de organización e planificación
  • Capacidade para asumir responsabilidades
  • Capacidade para resolución de problemas
  • Motivación pola calidade
  • Traballo en equipo
Tipo de contratoC. indefinido
XornadaCompleta
Lugar de traballoO Rosal
Documentación a presentarCurriculum Vitae actualizado
Entrega de documentaciónEnviar por correo electrónico a qm@depositoscoballes.com indicando no asunto a referencia do posto ofertado.
Atrás