Secretaría Uvigo

Técnico/a Punto de Encontro

OE-AEE-20-0084

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación25/06/2020
Data de fin da publicación03/07/2020
EntidadeGrupo Eulen selecciona para Centro de Punto de Encontro
Posto de traballoTécnico/a Punto de Encontro
Funcións- Velar polo cumprimento do réxime de visitas establecido polo órgano administrativo ou xudicial competente, de acordo cos tipos de intervención que se realizan nos puntos de encontro familiar.
- Orientación, asesoramento e seguimento das familias co obxecto de reducir ou eliminar completamente o uso do PEF.
- Entrevistas individuais coas persoas adultas novas usuarias do servizo e entrevistas de seguimento coas persoas adultas xa usuarias.
- Emisión de informes de seguimento mensuais e anuais segundo as instrucións da Dirección Xeral de Familia dentro do prazo indicado en cada caso.
- Emisión de cantos informes sexan necesarios ou solicitados pola Administración.
- De ser o caso, asistir ás reunións de coordinación ás que lles convoque a Administración.
- Aquelas outras actuacións necesarias para o bo funcionamento do servizo.

OFRÉCESE:
- Contrato temporal de 12 meses a media xornada (20 horas á semana).
- Data prevista de incorporación: 06/07/2020
Nivel de estudos requeridoTitulados/as
Estudos da UVigo requeridos
  • Grao / Dip. en Educación Social
  • Grao / Dip. en Traballo Social
Número de vacantes1
Tipo de contratoC. temporal
Duración12
XornadaMedia xornada
Lugar de traballoOurense
Data de incorporaciónIncorporación inmediata
Documentación a presentarCurriculum Vitae actualizado
Entrega de documentaciónEnviar por correo electrónico a empleonoroeste@eulen.com indicando no asunto a denominación do posto ofertado.
Atrás