Secretaría Uvigo

Investigador/a Posdoutoral (Ref.: RDIG/19-25)

OE-AEE-19-0214

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación30/10/2019
Data de fin da publicación10/11/2019
Entidade XestoraFUNDACIÓN BIOMÉDICA GALICIA SUR
Posto de traballoInvestigador/a Posdoutoral (Ref.: RDIG/19-25)
Funcións- Dar apoio á actividade científica do grupo, así como por en marcha e desenvolver novos proxectos e liñas de investigación.
- Busca activa de financiación para as referidas liñas e proxectos de investigación.
- Colaboración na redacción de artigos científicos para difundir os resultados obtidos.
- Colaboración nas actividades de formación en investigación do grupo.
- Participación en proxectos/publicacións con outras áreas de investigación nas que as técnicas de imaxe sean impescindibles para o desenvolvemento das súas liñas de investigación.

OFRÉCESE: contrato temporal para a investigación de duración 12 meses, renovable conforme os obxectivos conseguidos.
Nivel de estudos requeridoTitulados/as
Estudos da UVigo requeridos
  • Grao en Enx. de Tecnoloxías de Telecomunicación / Enx. de Telecomunicación
  • Licenciatura en Física
CoñecementosIMPRESCINDIBLE:
- Doutoramento en Física, Enxeñaría Biomédica, Enxeñaría en Telecomunicación ou similares.
- Experiencia no manexo de imaxe médica.

VALORABLE:
- Coñecementos de Intelixencia Artificial para análise automático de imaxe médica.
- Experiencia en computación de altas prestacións.
- Formación específica en Metodoloxía da Investigación.
- Coñecementos de análise de datos/bioestatística.
- Experiencia en redacción de publicacións científicas e proxectos de I+D+i e participación neles.
Competencias Imprescindible
  • Inglés nivel C1
Valorarase
  • Iniciativa persoal
  • Habilidade para traballar de forma independente
  • Capacidade para asumir responsabilidades
  • Habilidades de xestión da información
  • Capacidade de organización e planificación
Número de vacantes1
Tipo de contratoC. temporal
Duración12
XornadaCompleta
Lugar de traballoHospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Data de incorporaciónIncorporación inmediata
Documentación a presentar- Carta de motivación
- CV actualizado
Entrega de documentaciónEnviar por correo electrónico antes do 11/11/2019 a rrhh@iisgaliciasur.es indicando no asunto a referencia (Ref.: RDIG/19-25).
Atrás