Secretaría Uvigo

Programador/a J2EE - Ampliado o prazo

OE-AEE-19-0108

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación07/10/2019
Data de fin da publicación30/06/2020
Entidade XestoraINDRA SOLUCIONES TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN S.L.U
Posto de traballoProgramador/a J2EE - Ampliado o prazo
FunciónsIndra busca desenvolvedores Java para incorporar á área de Administracións Públicas, onde levan a cabo proxectos para a administración pública autonómica e local, cunha oferta integral de solucións propias e servizos avanzados de alto valor añadido, destacando:
- O desenvolvemento de diversas plataformas de administración electrónica e Sistemas de Información á Cidadanía.
- O desenvolvemento de solucións avanzadas nos principais ámbitos de actuación das Administracións Públicas: xustiza, tributos, educación, transporte, turismo,...
- O desenvolvemento de cidades e territorios intelixentes.
- A transformación dixital dos servizos sociais a través do novo centro de excelencia en tecnoloxías socio-sanitarias de Indra recentemente inaugurado en Santiago de Compostela.

OFRÉCESE: 5 prazas vacantes de duración temporal coa posibilidade de volverse contrato indefinido
Nivel de estudos requeridoTitulados/as
Estudos da UVigo requeridos
  • Grao en Enx. de Tecnoloxías de Telecomunicación / Enx. de Telecomunicación
  • Enx. Técnica de Telecomunicación, esp. Sistemas de Telecomunicación
  • Grao / Enx. Informática
  • Enx. Téc. de Informática de Xestión
CoñecementosIMPRESCINDIBLE:
- Grao/Mestrado en carreira tecnolóxica
- Experiencia mínima de 2 anos no desenvolvemento J2EE, preferentemente con Spring e Hibernate
- Manexo de bases de datos SQL
Competencias Imprescindible
  • Bases de Datos nivel Usuario/a
  • Programación nivel Programador/a
Valorarase
  • Inglés nivel B2
  • Capacidade de aprendizaxe autónoma
  • Iniciativa persoal
  • Motivación pola calidade
  • Traballo en equipo
Número de vacantes5
Tipo de contratoC. temporal
XornadaCompleta
Lugar de traballoA Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo
Documentación a presentarCurriculum Vitae actualizado
Entrega de documentaciónEnviar por correo electrónico a emprego.online@uvigo.es indicando no asunto a denominación do posto ofertado.
Atrás