Secretaría Uvigo

VII edición do programa INCUVI-Avanza

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_Incuvi Avanza
Data inicio solicitudes30/09/2022
Data fin solicitudes27/10/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9750
Descripción

Obxecto:

Axudas a persoas que contribúan á aceleración de proxectos emprendedores promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas da Universidade de Vigo co fin de que estas podan validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

A axuda consiste en:

  • Axuda en especie:
    1. Formación: Os equipos emprendedores recibirán formación dirixida á preparación da prototipación (10 horas) e á planificación do marketing (10 horas) ó longo dos 6 primeiros meses do programa (xaneiro-xuño 2023).  
    2. Mentorización personalizada: contarán cun equipo de mentores/as que asesorarán os proxectos ó longo dun período dun período de 6 meses (Febreiro – Xullo 2023) nos que disporán dunha bolsa de 12 horas por proxecto. 
    3. Desenvolvemento da idea de negocio: os equipos de negocio traballarán de xeito autónomo e dirixido no desenvolvemento dos seus proxectos, dispoñendo dunha bolsa de 12 horas de traballo para este fin.
  • Achega económica máxima de 1.000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora.
Requisitos

1. REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES:

  • Estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Grao ou Máster oficial no curso 2022/2023.
  • Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2019/2020 ou posteriores.
  • Estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas noutras universidades españolas no curso 2019/2020 ou posteriores, sempre que non superen o 50% dos membros do equipo.
  1. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:
  • A idea emprendedora poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo.
  • A persoa ou equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  • Non se poderá presentar máis de un proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
Documentacion
  1. Breve currículo de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
  2. Carta de interese/motivación redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e compromiso potencial para traballar na maduración da idea emprendedora a través da súa participación no programa INCUVI-Avanza.
  3. Vídeo de presentación do proxecto, cun formato mp4 e de duración non superior a 2 minutos.
  4. Formulario de renuncia, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Emprende (e que polo tanto opten a axuda pola Modalidade 1) que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: Bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/premios
Taboleiro:: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=29126952

03/11/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a pratir do día seguinta ó da publicación e ata o día 18 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

22/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

05/12/2022: Listaxe provisoria de persoas con axuda concedida e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o 21 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

16/01/2023: Listaxe definitiva de persoas con axuda concedida e listaxe de agarda

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás