Secretaría Uvigo

XI Edición do programa INCUVI-Emprende

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_Incuvi Emprende
Data inicio solicitudes04/11/2022
Data fin solicitudes17/11/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9747
Descripción

Obxecto:

Apoiar as ideas emprendedoras que xurdan entre o alumnado e persoas recentemente tituladas pola Universidade de Vigo co fin de fomentar o espírito emprendedor e impulsar as habilidades e competencias emprendedoras entre a comunidade universitaria.

Axuda:

Consiste na formación e titorización do equipo emprendedor durante un período de preincubación de 7 meses. Estas accións irán encamiñadas a elaborar un modelo de negocio das ideas presentadas

 

Requisitos
  1. Os membros dos equipos promotores das ideas deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    1. Estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Grao ou Máster oficial no curso 2022/2023.
    2. Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2019/2020 ou posteriores.
    3. Estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas doutras universidades españolas no curso 2019/2020 ou posteriores, sempre que estes non superen o 50% dos membros do equipo.
  2. A idea emprendedora poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso existirá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo. A persoa ou equipo promotor deberán posuír a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  3. Non se admitirán proxectos presentados por grupos nos que algún dos membros fose premiado en anteriores convocatorias de INCUVI.
  4. Non se poderá presentar mais dun proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
Documentacion
  1. Breve currículo de todas as persoas integrantes do equipo emprendendor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
  2. Carta de interese/motivación redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e compromiso potencial para traballar na maduración da idea emprendedora a través da súa participación no programa INCUVI-Emprende.
  3. No caso do estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas doutras universidades españolas, a documentación xustificativa da matrícula ou do título correspondente.
  4. Outra documentación complementaria que consideren oportuno achegar.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: Bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web:: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/premios
Taboleiro 1ª convocatoria: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=5FAA758DDD2340031E0709C1AEF90A8B?idtaskdata=29126940
Taboleiro 2ª Convocatoria: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=29702184
Taboleiro: Corrección de erros: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=85FA76B86B65B7A3F15283C4AF783BC2?idtaskdata=29759047

26/10/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte á publicación e ata o día 10 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

23/11/2022 (conv compl) Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Descrición

Alegacións ata as 23:59 horas (hora peninsular española) do día 30 de novembro.

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

16/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace á publicación do taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

07/12/2022: (conv compl) Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

07/12/2022: Listaxe definitiva de proxectos preseleccionados

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

09/01/2023: listaxe provisoria de proxectos preseleccionados e rexeitados (conv. compl)

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro 

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 16 de xaneiro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Documentos da fase da convocatoria:

17/01/2023: (conv. compl) Listaxe definitiva de proxectos preseleccionados

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

20/01/2023: Listaxe provisoria de persoas con axuda concedida e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 6 de febreiro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace a publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

08/03/2023: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás