Axudas para contratos predoutorais da Universidade de Vigo
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | PREUVIGO-22 |
Data inicio solicitudes | 01/09/2022 |
Data fin solicitudes | 10/10/2022 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ |
Descripción | Ten por obxecto financiar a formación de persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico conforme ao artigo 21 da Lei 14/2011, de 1 de xuño da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Convócanse 10 contratos predoutorais de nova adxudicación dunha duración de 3 anos sen posibilidade de prórroga. Resérvase 1 contrato para solicitantes que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que se acredite a compatibilidade co traballo a desenvolver conforme ao obxecto desta convocatoria. De non ser finalmente concedido, acumularase aos contratos da quenda xeral. |
Requisitos | As persoas solicitantes das axudas previstas deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Non gozar nin ter gozado destas axudas ou doutras homólogas a estas en anteriores convocatorias ou dunha axuda á etapa predoutoral de calquera modalidade (Formación de Profesorado Universitario (FPU), Formación de doutoras e doutores (FPI), Xunta de Galicia ou equivalentes. b) Estar matriculadas nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo no momento en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, requisito que será comprobado de oficio pola unidade tramitadora das axudas. c)Ter completados 300 ECTS, dos cales alomenos 60 deben ser de formación de estudos oficiais de posgrao e consonte a normativa de matrícula da Universidade de Vigo para o curso 2022-2023 sempre que a data de finalización deles sexa conforme ao sinalado no artigo sexto. d) Estar adscritas ou comprometer a súa adscrición a un grupo de investigación da Universidade de Vigo formalmente rexistrado na Universidade de Vigo (SUXI). No caso de concesión da axuda, pedirase a acreditación da alta efectiva no grupo, con anterioridade á sinatura do contrato. e) Non posuír un título de doutora ou doutor. f) Ter unha nota media do expediente da titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura ou mestra/e ponderada pola nota media da súa titulación igual ou superior a 1. g) Non estar incursa nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións. Requisitos relativos á data de finalización dos estudos. 1. A data de finalización dos estudos debe ser posterior a 1 de xaneiro de 2020 nos seguintes casos: - Estudos conducentes ao título universitario oficial de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao de 300 créditos ou equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. - Superación dos créditos de formación dos estudos oficiais de posgrao (alomenos 60) para os graos de ata 240 créditos ou equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. -Superación dos créditos de formación dos estudos oficiais de posgrao necesarios para poder acceder ao doutoramento no caso de diplomaturas, enxeñarías e arquitecturas técnicas ou titulacións equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. - Superación dos créditos de formación dos estudos oficiais de posgrao necesarios para poder acceder ao doutoramento no caso de graos de 180 créditos ou titulacións equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. 2. Nos seguintes casos excepcionais deberá ser posterior a 1 de xaneiro de 2017: - Quen acredite fidedignamente que se dedicaron á atención e coidado de menores de 3 anos entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017. - Quen acredite fidedignamente que interromperon os seus estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron ao coidado de persoas maiores da familia en primeiro grao de parentesco. - Quen posúa unha discapacidade igual ou superior ao 33% debidamente acreditada mediante certificado de data recente expedido por autoridade competente. No caso de que unha persoa posúa máis dun título, para os efectos das datas, considerarase a primeira titulación obtida segundo os criterios indicados neste artigo. |
Documentacion | A documentación que deberá acompañar á solicitude é a detallada nas bases novena e décima da convocatoria. O prazo de presentación das solicitudes comezará o 1 de setembro e permanecerá aberto ata o 10 de outubro de 2022. Unha vez rematado o procedemento, o formulario de solicitude resultante, única e exclusivamente, debe ser presentado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER, sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. |
Prazo para resolver | 6 meses |
Ligazóns da convocatoria | |
Acceso ao SUXI a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo: | https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ |
Equivalencia notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros: | https://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html |
Información sobre notas medias ISCED xeral e notas medias ISCED universidade: | https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:92a35a0f-2b57-463b-a2c3-5a6a11dee8ee/nm-isced-general-y-universidad-fpu2021.pdf |
Información sobre notas medias ISCED estudos estranxeiros: | https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:0f185ecb-2a61-4b67-855d-bd9aa6cb51c7/nm-isced-general-y-estudios-extranjeros-fpu2021.pdf |
Niveis de competencia linguas estranxeiras CRUE: | https://proyectos.crue.org/acreditacion/ |
Certificados admitidos idiomas estranxeiros ACLES: | https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_OCTUBRE2021.pdf |
Taboleiro de anuncios: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=28114052 |
Base de datos nacional de subvencións: | https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/639891 |
Xestión da axuda predoutoral_Documentos de apoio
Documentos da fase da convocatoria: | |
Fase de solicitude
Documentos da fase da convocatoria: | |
Fase de admisión
Documentos da fase da convocatoria: | |
Fase de concesión
Documentos da fase da convocatoria: | |