Descripción | O importe das axudas será o correspondente aos prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas, incluídos os importes dos recoñecementos.
A aplicación da axuda ao persoal das Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela e os seus beneficiarios queda condicionada á compensación por parte destas institucións dos importes correspondentes.
A contía desta axuda ten a consideración de retribución en especie e como tal está suxeita a tributación como rendemento do traballo, e polo tanto, sometida ao sistema de retencións a conta na porcentaxe que se practique aos restantes rendementos de traballo. Ademais incluirase na base de cotización. |
Requisitos | TITULARES DO DEREITO E PERSOAS BENEFICIARIAS
2.1. Persoal con destino na Universidade de Vigo: a) O persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos (queda excluído o persoal eventual e con contrato de alta dirección) que reúna os seguintes requisitos entre o 9 de xullo e o 30 de setembro, ou no momento da matrícula no caso de realizarse fóra deste período: i. Percibir as súas retribucións con cargo ao capítulo I dos Orzamentos da Universidade de Vigo. O persoal vinculado á Universidade mediante contrato de traballo deberá estar incluído no ámbito de aplicación do Convenio colectivo do PDI e PAS laboral. ii. Atoparse na situación administrativa de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares. b) Os familiares (cónxuxe/persoa coa que conviva maritalmente, fillos e fillas ou proxenitores) deste persoal que tivera falecido en servizo activo ou excedencia por coidado de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, desde o ano 2017, ao amparo do art. 55.6 do Convenio colectivo vixente. O/a cónxuxe ou persoa coa que convivira maritalmente poderá solicitar estas axudas mentres permaneza en estado de viuvez ou non conviva maritalmente de novo. c) O persoal xubilado ou declarado en situación de incapacidade absoluta ou gran invalidez. 2.2. Son beneficiarios/as ademais da persoa titular do dereito descrita no apartado anterior: a) O/a cónxuxe do/a titular do dereito, ou parella de feito debidamente inscrita. b) As fillas e fillos de calquera dos anteriores menores de 28 anos no caso de estudos de Grao, de 30 anos no caso dos estudos de Máster e de 33 nos estudos de Doutoramento, a 31 de agosto de 2022, que convivan co titular do dereito. c) As persoas menores de idade acollidas pola persoa titular de xeito permanente ou preadoptivo. 2.3. Persoal das Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela: as persoas titulares do dereito e as beneficiarias das Universidades da Coruña e Santiago de Compostela que cursen estudos na Universidade de Vigo, aplicaránselle os criterios de concesión que as súas universidades establezan nas súas propias convocatorias. A aplicación da axuda queda condicionada á compensación ou reintegro á Universidade de Vigo por parte destas institucións dos importes correspondentes. De non facerse efectiva a compensación isto suporá a eliminación da axuda ao persoal das Universidades da Coruña e Santiago de Compostela coa obriga do aboamento dos prezos públicos correspondentes. |
Documentacion | No momento da matrícula o/a estudante marcará a exención de “Persoal universidade > Persoal da UVIGO / UDC / USC”, dando lugar á suspensión cautelar do pagamento dos prezos. No caso de que o/a estudante non sexa o/a titular do dereito, nese momento chégalle un correo electrónico á persoa titular do dereito para que confirme a solicitude respondendo a ese correo. No caso de que a persoa titular do dereito rexeite ou non confirme a solicitude, o alumnado deberá aboar os prezos públicos correspondentes.
Quen por algunha circunstancia non indicara no momento da matrícula a exención, poderá realizar a solicitude ata o 30 de decembro a través do formulario en liña. Unha vez comprobados os datos se lle requirirá á persoa titular a conformidade a través do correo electrónico institucional. Excepcionalmente e cando se xustifique documentalmente algunha causa xustificada admitiranse solicitudes ata o 31 de maio. |