Secretaría Uvigo

Bolsas de desprazamento ao rural para o estudantado de grao da Facultade de Educación e Traballo Social, 2022/2023

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022-2023 Desprazamento Educación Social
Data inicio solicitudes17/06/2022
Data fin solicitudes16/09/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9676
Descripción

O obxecto destas bolsas é sufragar os gastos ocasionados polos desprazamentos desde o lugar habitual de residencia ata o lugar no que se realiza o practicum, sempre que este teña lugar en entidades singulares de poboación de menos de 5.000 habitantes, de conformidade coa seguinte distribución:

  • 4 bolsas para o grao en Educación Infantil
  • 4 bolsas para o grao en Educación Primaria
  • 4 bolsas para o grao en Traballo Social

A contía máxima individual de cada bolsa será de 300 €.

Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado na Universidade de Vigo no curso 2022/2023 na Facultade de Educación e Traballo Social nas materias de practicum dos graos de Educación Infantil, Educación Primaria e Traballo Social.
  2. Realizar as prácticas nun concello que diste máis de dez quilómetros do concello de residencia habitual.
  3. Realizar as prácticas en entidades rurais e escolas rurais situadas nalgunha entidade singular de poboación de menos de 5.000 habitantes.
Documentacion

Presentar o informe final de cumprimento das obrigas desta convocatoria coa sinatura do titor/a no prazo de dez días desde a finalización da práctica.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: Bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986 814094
Web:: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/becas-movilidad
Taboleiro:: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27296776

5/10/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Descrición

Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 20 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) 

 

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

24/10/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

26/10/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás