Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Centros Universitarios, 2022/2023

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Centros Universitarios
Data inicio solicitudes29/06/2022
Data fin solicitudes26/07/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9666
Descripción

OBXECTO:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO:

A duración máxima do período formativo será de 9 meses, non se iniciará antes do 1 de outubro de 2022 e finalizará o 30 de xuño do 2023.  

O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais

CONTÍA:

A contía bruta será como máximo 360 €/mes

 

Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente permanente en España a 31 de decembro de 2021 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios no curso 2021/2022, durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster que se sinalan no anexo II, no campus ó que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula o día 21 de setembro de 2022.
  • No caso de matrícula en titulacións de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 25 xullo.
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 25 de xullo.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Documentacion

SOLICITUDES:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9666, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, pondo en asunto “Bolsas formación Centros”, achegando unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Así mesmo deberán subir o xustificante de presentación na Sede Electrónica á plataforma do Santander 

 

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal

PRAZO:

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo
  • Os documentos que correspondan en cada caso, segundo os criterios específicos de selección establecidos no anexo II:
  • Cursos relacionados co perfil formativo
  • Currículo
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados

O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=5B2CD5C7BDE2FD75DCA205E28893A691?idtaskdata=27417100

01/09/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas.

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 8 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

22/09/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro electrónico

Documentos da fase da convocatoria:

23/09/2022 Listaxe provisoria bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta
resolución e ata o día 30 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

03/10/2022 Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás