Secretaría Uvigo

Axudas para a difusión dos resultados de investigación do estudantado de doutoramento en protección do patrimonio cultural, 2021/2022

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Dif. Patrimonio Cultural
Data inicio solicitudes05/05/2022
Data fin solicitudes13/06/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9631
Descripción

OBXECTO:

Axudar á difusión dos resultados das investigacións realizadas durante o período de formación do alumnado de doutoramento a través de publicacións científicas de impacto, congreso internacional ou canle equivalente. Distínguense os seguintes conceptos de axuda:

  • Tradución ó idioma inglés dun artigo científico para o seu envío a unha revista científica indexada.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo científico presentado como comunicación oral nun congreso internacional con comité científico internacional.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo orientado á exposición museística.
  • Participación como editor dunha revista científica indexada.
Requisitos
  1. Estar matriculado/a no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural no curso académico 2021/22 na Universidade de Vigo.
  2. Ter superadas as seguintes actividades formativas:
      • Iniciación á investigación
      • Xestión de bases e información científica
      • Comunicación e difusión de traballos de investigación
      • Defensa do plan de investigación (todas as correspondentes ás anualidades anteriores ao ano en curso), agás o alumnado que inicia os estudos.
  3. Estar en disposición de enviar un artigo ou traballo científico a un dos medios de difusión descritos no punto 1, cumprindo os prazos establecidos na presente convocatoria, ou exercer activamente como editor dunha revista científica indexada no momento de publicación da presente convocatoria.
Documentacion

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Compromiso asinado polas persoas directoras da tese conforme o/a alumno/a está en disposición de enviar ao medio de difusión solicitado un artigo ou traballo científico cos resultados das súas investigacións cumprindo os prazos establecidos na presente convocatoria, ou conforme o/a alumno/a exerce como editor dunha revista científica indexada.
  • Currículo correspondente ás actividades realizadas nos cursos 2019/20 e 2020/21.
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma finalidade que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
Observacións

OBRIGAS

As persoas beneficiarias das axudas deberán:

  • Destinar a axuda á finalidade para a que foi concedida.
  • Enviar á Sección de Bolsas e Axudas no prazo máximo de 45 días desde a aceptación da publicación (DOI ou equivalente), e en todo caso antes do 1 de decembro do 2022, a evidencia que avale a publicación definitiva do artigo científico, a presentación da comunicación oral en congreso, ou equivalente.
  • Presentar as facturas que acrediten os gastos antes do 1 de decembro do 2022.
  • No caso de obter unha subvención para a mesma finalidade con posterioridade á solicitude da axuda, as persoas beneficiarias deberán comunicalo por escrito á Sección de Bolsas e Axudas.
  • Cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, que lles sexan de aplicación.

Enlace á publicación no taboleiro

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

20/06/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 5 de xullo ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

07/07/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

15/07/2022 Listaxe provisoria de solicitudes con axuda concedida

Observacións

Prazo de alegacións ata o día 1 de agosto ás 23:59 horas (hora peninsular
española)

Enlace ao taboleiro electrónico

Documentos da fase da convocatoria:

06/09/2022 Listaxe definitiva de persoas con axuda concedida

Observacións

Enlace o taboleiro electrónico

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás