Secretaría Uvigo

2022 Premio Excelencia Académica Grao Xunta de Galicia

TipoPremios
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2022_PEG XUNTA
Data inicio solicitudes02/05/2022
Data fin solicitudes02/05/2022
Descripción

Premios de excelencia académica para alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2020/2021 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Concederase un premio por cada un dos cursos nos que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao e en cada un dos centros nos que se imparta ao alumnado que finalizase no curso académico 2020/21, os estudos correspondentes a un dos cursos, agás o derradeiro da titulación.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo.

Requisitos
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
  • Ter no curso académico 2020/2021 a nota media igual ou superior a 8 puntos.
  • Ter superado no curso académico 2020/2021 con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  • Estar matriculado da mesma titulación no curso 2021/2022.
Observacións

Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.

  •  Publicarase aquí a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria.
  • As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco (5) días desde a súa publicación
    para efectuaren as súas reclamacións.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36873

04/07/2022 Listaxe provisoria do estudantado proposto para os premios

Descrición

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 11 de xullo ás 23:59 horas (hora peninsular española) a través do formulario.

Enlace á publicación no Taboleiro.

Documentos da fase da convocatoria:

12/07/2022 Listaxe definitiva do estudantado proposto para os premios

Descrición

As persoas propostas para o premio deberán manifestar a súa aceptación expresa, mediente o Anexo II, á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez (10) días, desde a publicación da listaxe definitiva na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal  


A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 

 

Enlace a publicación no Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás