Secretaría Uvigo

IV Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga 2021

TipoOutras actividades
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPCA-2021
Data inicio solicitudes29/10/2021
Data fin solicitudes01/12/2021
Descripción

A convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer, difundir e premiar traballos e accións de investigación, transferencia, e divulgación científica, relativos ás temáticas da auga, que resulten de interese para o desenvolvemento e promoción do Campus Auga.

  • Premios de investigación e transferencia.
  • Premios de divulgación científica

Os premios que se convocan son cinco, nas seguintes modalidades:

   A. Premio ao TFG/TFM máis destacado.

   B. Premio de investigación a teses de doutoramento.

   C. Premio de investigación á mellor contribución científica.

   D. Premio ao mellor resultado de transferencia.

   E. Premio a accións ou actividades de divulgación científica.

Requisitos

Para concorrer a calquera das modalidades poderán ser candidatos/as o PDI e PI que no momento da convocatoria se atopen en situación de servizo activo na Universidade de Vigo, e o estudantado da Universidade de Vigo matriculado no curso 2019 - 2020, ou no curso 2020-2021, que cumpra os requisitos da modalidade do premio ao que se presenta.

 

  • Ningún solicitante poderá concorrer simultaneamente a máis dunha modalidade de premios.
  • No caso da modalidade A, os traballos presentados deberán ter sido avaliados cunha nota mínima de 9 sobre 10.
  • No caso da modalidade B, os traballos presentados deberán ter sido avaliados cunha nota de sobresaínte cum laude.
  • No caso das modalidades C, D, e E, de ser o caso, a solicitude deberá contar con visto bo de todos/as os/as coautores/as da contribución, salvo imposibilidade xustificada. Neste senso, consideraranse beneficiarios/as aos efectos de certificación da resolución de concesión tódalas persoas autoras da contribución. No caso da dotación económica considerarase como beneficiaria só á persoa solicitante.
  • Non se poderán presentar traballos que foran presentados a anteriores edicións destes premios.
Documentacion

As persoas interesadas presentarán no rexistro oficial ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro da Universidade de Vigo, ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, un sobre aberto que indique a categoría dos Premios á que opta, e que conterá no seu interior:

 

-unha chave USB co Anexo I cuberto e o mérito que presenta, en formato pdf ou similar. O arquivo que conteña o mérito nomearase co título do dito mérito. A documentación non debe conter ningún elemento que o identifique sobre a autoría, dirección ou titoría, pero si indicará a titulación e o centro de procedencia da persoa autora do mérito.

 

-un sobre aberto, con indicación da categoría á que opta e o nome do mérito que presenta, que inclúa no seu interior o Anexo II cuberto e asinado, así como a documentación que corresponda, e que se indica no dito formulario. Nel introducirase o xustificante de rexistro de entrada e pecharase.

 

 

Observacións

As solicitudes dirixiranse á Vicerreitoría do Campus de Ourense.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 1 de decembro de 2021.

Prazo para resolverTres meses a partir do día seguinte á data de finalización da presentación de solicitudes
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria

Relación de premios concedidos

Descrición

R. R. do 7/3/2022 pola que se publica a relación de premios concedidos na IV Edición dos Premios de investigación, transferencia e divulgación científica do Campus Auga da Universidade de Vigo

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás