Axudas acción social matrícula do persoal do SUG, curso 2021/2022
Tipo | Acción social |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2021_2022 MAT SUG |
Data inicio solicitudes | 03/07/2021 |
Data fin solicitudes | 30/12/2021 |
Descripción | O importe das axudas será o correspondente aos prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas, incluídos os importes dos recoñecementos. A aplicación da axuda ao persoal das Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela e os seus beneficiarios queda condicionada á compensación por parte destas institucións dos importes correspondentes. A contía desta axuda ten a consideración de retribución en especie e como tal está suxeita a tributación como rendemento do traballo, e polo tanto, sometida ao sistema de retencións a conta na porcentaxe que se practique aos restantes rendementos de traballo. Ademais incluirase na base de cotización. |
Requisitos | TITULARES DO DEREITO E PERSOAS BENEFICIARIAS 1. Persoal con destino na Universidade de Vigo: a) O persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos (queda excluído o persoal eventual e con contrato de alta dirección) que reúna os seguintes requisitos entre o 3 de xullo e o 30 de setembro, ou no momento da matrícula no caso de realizarse fóra deste período:
b) Os familiares (cónxuxe/persoa coa que conviva maritalmente, fillos e fillas ou proxenitores) deste persoal que tivera falecido en servizo activo ou excedencia por coidado de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, desde o ano 2016, ao amparo do art. 55.6 do Convenio colectivo vixente. O/a cónxuxe ou persoa coa que convivira maritalmente poderá solicitar estas axudas mentres permaneza en estado de viuvez ou non conviva maritalmente de novo. c) O persoal xubilado ou declarado en situación de incapacidade absoluta ou gran invalidez ao longo do ano 2020. 2. Son beneficiarios/as ademais da persoa titular do dereito descrita no apartado anterior: a) O/a cónxuxe do/a titular do dereito, ou parella de feito debidamente inscrita. b) As fillas e fillos de calquera dos anteriores menores de 28 anos no caso de estudos de Grao, de 30 anos no caso dos estudos de Máster e de 33 nos estudos de Doutoramento, a 31 de agosto de 2021. c) As persoas menores de idade acollidas pola persoa titular de xeito permanente ou preadoptivo. 3. Persoal das Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela: as persoas titulares do dereito e as beneficiarias das Universidades da Coruña e Santiago de Compostela que cursen estudos na Universidade de Vigo, aplicaránselle os criterios de concesión que as súas universidades establezan nas súas propias convocatorias. A aplicación da axuda queda condicionada á compensación ou reintegro á Universidade de Vigo por parte destas institucións dos importes correspondentes. De non facerse efectiva a compensación isto suporá a eliminación da axuda ao persoal das Universidades da Coruña e Santiago de Compostela coa obriga do aboamento dos prezos públicos correspondentes. |
Documentacion | No momento da matrícula o alumnado marcará a exención de “Axuda acción social > persoal da UVIGO / UDC / USC”, dando lugar á suspensión cautelar do pagamento dos prezos. No mesmo instante achégase correo electrónico á persoa titular do dereito para que manifeste a súa conformidade respondendo ao correo enviado. No caso de que a persoa titular do dereito rexeite ou non confirme a solicitude deberá aboar os prezos públicos correspondentes. As persoas solicitantes deberán presentar ata o 30 de setembro ou no caso de matrículas posteriores a esa data 10 días naturais desde a matrícula, de non telo presentado en cursos anteriores ou de producirse variación nos datos, a seguinte documentación a través do formulario electrónico:
As persoas da UVIGO, titulares ou beneficiarias que formalicen matrícula nas Universidades da Coruña e Santiago de Compostela solicitarán a axuda na universidade na que cursen estudos e seralles de aplicación o establecido nesta convocatoria. |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos |
Teléfono: | 986 130 116 |
Correo electrónico: | prezospublicos@uvigo.es |
31/03/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas
Descrición | |
Novo prazo de presentación de alegacións á corrección de erros, ata o 18 de maio a través do formulario | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
26/07/2022 RR Listaxe definitiva Acción social
Descrición | |
Documentos da fase da convocatoria: | |