Secretaría Uvigo

Premios á Excelencia Académica para alumnado que inicia estudos de Doutoramento, 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Exc Inicio Doutoramento
Data inicio solicitudes10/03/2021
Data fin solicitudes08/04/2021
Descripción

OBXECTO:

Premiar ao novo alumnado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2020/2021 estudos oficiais de Doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de Doutoramento

Nº DE PREMIOS: 42

Os premios distribúense por programa de doutoramento tal e como se sinala no Anexo II de acordo cos seguintes criterios:

  • Nos programas que acaden entre 3 e 12 estudantes de nova matrícula outorgarase 1 premio.
  • Nos programas que acaden entre 13 e 22 estudantes de nova matrícula outorgaranse 2 premios, incrementándose nun premio máis por cada dez alumnos matriculados.
  • Para programas que acadaran menos de 3 estudantes de nova matrícula; considerarase a agrupación de todos os programas que estean nesta situación dentro do mesmo ámbito de coñecemento. Outorgarase dentro de cada agrupación un número de premios segundo a mesma regra dos apartados a) e b). Se o número de estudantes na agrupación e curso fose inferior a 3, outorgarase un premio.
Requisitos
  • Estar matriculado por primeira vez en estudos de Doutoramento que figuren no anexo II no curso académico 2020/2021, e manter a condición de matrícula durante todo o curso académico.
  • Obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00 calculada según o establecido no punto 7 desta convocatoria
Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario existente na sede electrónica para este procedemento (https://sede.uvigo.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta convocatoria ata o 8 de abril de 2021 ata as 23:59 horas (hora peninsular española). 

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías.

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda.

DOCUMENTACIÓN:

  • No caso de estudos de Grao ou Licenciatura cursados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo deberán presentar a certificación académica oficial dos estudos que lle dan acceso ao programa de Doutoramento.
  • No caso de ter finalizado estudos de máster realizados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo poderá presentar a certificación académica oficial dos estudos de máster na que conste que ten realizados todos os créditos necesarios para rematar a titulación.
  • No caso de alumnado que accede ao Doutoramento desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html

Observacións

SELECCIÓN:

A selección será efectuada pola comisión de avaliación de acordo cos seguintes criterios:

  • A nota media do expediente académico de grao ou licenciatura/enxeñaría de cada solicitante dividida entre nota media da titulación.

Para a ponderación, no caso de estudos realizados en universidades españolas, terase en conta a nota media que, de acordo cos datos da Clasificación Internacional Normalizada da Educación (ISCED), corresponda á súa titulación na universidade na que a cursou:

http://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:50f08421-32b4-4609-8b23-44277340cce8/nm%20isced%20general%20y%20universidad%20fpu%2020.pdf

Para os estudos realizados no estranxeiro, a ponderación realizarase tendo en conta as notas medias ISCED para estudos estranxeiros:

http://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:4b0706b6-eb50-44dd-89e4-af44f3c562e4/nm%20isced%20general%20y%20universidad%20estudios%20extranjeros%20fpu%2020.pdf

  • Alumnado que teña unha titulación de máster rematada ou 60 créditos superados nun mesmo máster universitario, sumaráselle 0,1 puntos á nota ponderada. No caso de ter rematado varios estudos de máster só se computará un.

No caso de que nalgún programa de doutoramento quedasen premios vacantes serán reasignados aos/ás solicitantes coas notas máis altas da lista de agarda

OBRIGAS:

As persoas beneficiarias dos premios deberán estar matriculadas no programa de Doutoramento da Universidade de Vigo durante todo o curso 2020/21.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria

22/04/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución e ata o día 6 de maio ás 23:59 h (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude. Para tal fin presentarán o formulario de alegacións existente na sede electrónica para este procedemento.

Documentos da fase da convocatoria:

20/05/2021 Listaxe provisoria de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución ata o día 3 de xuño ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa denegación. Para tal fin presentarán o formulario de alegacións existente na sede electrónica para este procedemento

Documentos da fase da convocatoria:

09/06/2021 Resolución definitiva de concesión

Documentos da fase da convocatoria:

03/12/2021 Premio complementario

Observacións

Este premio complementario adxudicaráselle ao alumnado seleccionado por Resolución Reitoral de 9 de xuño do 2021 no procedemento de concorrencia competitiva de concesión de Premios á excelencia académica para alumnado que inicia estudios de Doutoramento na Universidade de Vigo no curso académico 2020/2021 que figuran no Anexo I.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás