Secretaría Uvigo

Axudas Juan de la Cierva- Formación_2020

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades
CódigoJC-FORMACIÓN_2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=5cd919af71af5710VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=115222e988f75610VgnVCM1000001d04140aRCRD
Descripción

Convócanse 278 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 2 anos para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Diferéncianse dous trámites simultáneos:

  1. A presentación de candidaturas por parte do persoal investigador doutor aspirante que cumpra os requisitos exixidos pola convocatoria e que deberá tramitar persoalmente mediante o formulario electrónico de solicitude tal e como indican as bases, cuxo prazo comeza o 17 de decembro de 2020 e remata o 21 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.
  2. A presentación dunha solicitude única por parte dos centros de I+D, Universidade de Vigo neste caso, coa relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura cuxo prazo remata o 28 de xaneiro de 2021 ás 14 horas.
Requisitos

Deben ser consultados no artigo 37 da Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación de 23 de novembro de 2020 (BOE 28/11/2020) pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2020, de diversas actuacións contempladas no Subprograma Estatal de Formación e no Subprograma Estatal de Incorporación do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 entre as que están as Axudas Juan de la Cierva- Formación.

Documentacion

Proceso interno para poder presentar a súa candidatura pola Universidade de Vigo: 

- Enviar o formulario interno para presentar candidaturas debidamente cuberto e asinado que aparece como adxunto a esta convocatoria como moi tarde o 17 de xaneiro de 2021 ás 15.00  horas.

A documentación necesaria para presentar unha candidatura ás axudas é a sinalada nas disposicións específicas das axudas Juan de la Cierva-formación que se indican na resolución de convocatoria realizada polo Ministerio (art. 41)

Observacións

Posto que a Universidade de Vigo, como centro de I+D, debe presentar unha instancia de solicitude xunto cunha relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura, é imprescindible seguir as instrucións internas que se poden consultar no documento adxunto a esta convocatoria.

 

Documentos da convocatoria
Atrás