Secretaría Uvigo

Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2021

TipoConcursos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021 - Concursos - premios
Data inicio solicitudes29/06/2021
Data fin solicitudes31/07/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.uvigo.gal/es/campus/cultura/premios-culturales
Descripción

Convocatoria de concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2021

Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (alumnado, PAS ou PDI).

 

Observacións

1. A persoa autora da obra ou a persoa que representa ao grupo de traballo é a persoa que ten que cubrir a solicitude de participación, asinala e presentala na sede electrónica da Universidade de Vigo.

A   solicitude de  participación  farase  cumprimentando  o  formulario  que  se  atopa  na  secretaría virtual da Universidade de Vigo no enlace que se establece para cada modalidade.

2. Unha vez cumprimentado o formulario a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo, xerado o arquivo e asinado con sinatura electrónica, a persoa solicitante deberá presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), no procedemento Concursos 2021, premendo no apartado  “INICIAR TRAMITACIÓN”, debendo indicar no “asunto” a que modalidade se presentan e dirixirase á vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.

Unha vez rexistrado na sede electrónica da Universidade de Vigo, a aplicación  xera o xustificante de presentación da solicitude.

3. A obra subirase na ligazón correspondente á modalidade na que participe empregando o contrasinal de acceso que aparece no xustificante de presentación da solicitude e co formato que se especifica en cada unha das modalidades.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

Documentos da convocatoria

Resolución premio de pintura

Documentos da fase da convocatoria:

Resolución premios de fotografía

Documentos da fase da convocatoria:

Resolución premios de maquetas de música

Documentos da fase da convocatoria:

Resolución premio de creación audiovisual

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás