Secretaría Uvigo

AXUDAS PROPIAS A GRUPOS, CENTROS DE INVESTIGACIÓN E AGRUPACIÓNS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

TipoGrupos de investigación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020 AXUDAS UVIGO
Data inicio solicitudes26/05/2020
Data fin solicitudes26/06/2020
Descripción

A convocatoria de axudas propias a grupos, centros de investigación e agrupacións estratéxicas ten como obxectivos potenciar o desenvolvemento de actividades de investigación colaborativas entre grupos de investigación que axuden a desenvolver as liñas estratéxicas da Universidade, así como a transferencia dos resultados no ámbito nacional e internacional, mediante as seguintes actuacións:

  • facilitar o financiamento dos grupos de investigación de calidade da Universidade de Vigo e contribuír ao incremento na captación de recursos externos de I+D+i,
  • incentivar ao persoal investigador na coordinación e participación en programas internacionais de I+D+i
  • axudar no mantemento da infraestrutura científica
  • estimular o intercambio de coñecementos entre especialistas e persoal investigador doutros centros de investigación mediante a organización de congresos e reunións científicas
  • desenvolver a investigación no eido da creación artística

Tipos de axudas:

I. - Contratos programa con grupos de investigación
II. - Preparación de proxectos internacionais de I+D+i
III. - Reparación de equipamento científico

IV.- Organización de congresos e reunións científicas
V. - Realización, comisariado e montaxe de exposicións artísticas

Observacións

As solicitudes, acompañadas pola documentación prevista no anexo II das bases específicas de cada axuda, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigación (SUXI) no que se debe estar rexistrado. O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

Unha vez rematado o procedemento, o formulario de solicitude resultante, xerado pola aplicación, debe ser asinado e presentado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER,  sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para resolverseis meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Atrás