Secretaría Uvigo

Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo 2019

TipoFormación PDI
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPIEAPS19
Data inicio solicitudes30/04/2019
Data fin solicitudes14/06/2019
Descripción

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é una metodoloxía activa que consiste en que o alumnado aprende facendo un servizo á comunidade polo que axuda a que o estudantado adquira as competencias técnicas da titulación e tamén as xenéricas que teñen que ver co compromiso ético, a responsabilidade social ou o traballo en equipo.

A convocatoria ten os seguintes obxectivos:

  • Fomentar o uso da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (ApS) na Universidade de Vigo.
  • Recoñecer as iniciativas de innovación educativa que empreguen a ApS.
  • Potenciar a difusión das boas prácticas educativas baixo esta metodoloxía.
  • Ofrecer asesoramento na implantación da ApS.
  • Axudar á institucionalización da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (ApS) na Universidade de Vigo.
  • Fortalecer a cultura participativa da Universidade de Vigo cos diferentes axentes sociais, a través da aprendizaxe experiencial, preparando ao alumnado para a cidadanía global e responsabilidade social do alumnado.

As solicitudes (anexo I e II) presentaranse a través do Rexistro con destino á Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación desde o día seguinte da publicación ata as 14 horas do 14 de xuño de 2019.

Requisitos
  • Só se pode participar nun único proxecto na mesma convocatoria.
  • As iniciativas teñen que estar vencelladas ás materias que figuren no POD no curso académico 2019-20.
  • A metodoloxía de Aprendizaxe – Servizo debe aparecer recollida na Guía Docente da materia especificando a porcentaxe que vai representar na avaliación.
  • Todas as persoas que participen no proxecto terán que autorizar o tratamento de datos pola Universidade de Vigo recollido no Anexo II.
Documentos da convocatoria

RR, de 26 de xullo de 2019, pola que se publica a listaxe provisional de solicitudes de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo 2019

Documentos da fase da convocatoria:

RR, de 5 de agosto de 2019, pola que se publica a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS)

Documentos da fase da convocatoria:

RR, de 5 agosto de 2019, pola que se publica a listaxe de solicitudes concedidas de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS)

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás