Secretaría Uvigo

Bolsas de desprazamento ao rural para o estudantado de grao da Facultade de Educación e Traballo Social, 2025/2026

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026_Desprazamento Facultade de Educación e Trab
Data inicio solicitudes07/10/2026
Data fin solicitudes21/10/2026
Descripción

O obxecto destas bolsas é sufragar os gastos ocasionados polos desprazamentos desde o lugar habitual de residencia ata o lugar no que se realiza o Prácticum, sempre que este teña lugar en entidades singulares de poboación de menos de 5.000 habitantes, de conformidade coa seguinte distribución:

  • 3 bolsas para o grao en Educación Infantil
  • 3 bolsas para o grao en Educación Primaria
  • 4 bolsas para o grao en Traballo Social
  • 3 bolsas para o grao en Educación Social -Prácticum I
  • 3 bolsas para o grao en Educación Social -Prácticum II
Requisitos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Posuír nacionalidade española, nacionalidade comunitaria acreditando a residencia continuada, ou da fóra da UE acreditando a residencia legal en España no prazo de presentación de solicitudes (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Estar matriculado na Universidade de Vigo no curso 2025/2026 na Facultade de Educación e Traballo Social nas materias de prácticum dos graos de Educación Infantil, Educación Primaria, Traballo Social e Educación Social.
  3. Realizar as prácticas nun concello que diste máis de dez quilómetros do concello de residencia habitual.
  4. Realizar as prácticas en entidades rurais e escolas rurais situadas nalgunha entidade singular de poboación de menos de 5.000 habitantes.
Documentacion

SOLICITUDES

  1. A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index “BOLSAS desprazamento prácticas Facultade de Educ. e Traballo Social”
  2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 21 de outubro de 2026, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Observacións

O alumnado beneficiario da bolsa deberá presentar o informe final de cumprimento das obrigas desta convocatoria coa sinatura do titor/a unha vez finalizada a práctica.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986 814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Atrás