Bolsas de formación en unidades e áreas 2026/2027
| Tipo | Bolsa de formación |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2026_2027 Unidades e Áreas |
| Data inicio solicitudes | 03/08/2026 |
| Data fin solicitudes | 10/09/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15447 |
| Descripción | OBXECTO A presente convocatoria está prevista no Plan Estratéxico de Subvencións da Universidade de Vigo como acción destinada ao cumprimento do obxectivo “desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado”, a través de fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO A duración máxima do período formativo será de 8 meses. Non se iniciará antes do 1 de novembro de 2026 e finalizará o 30 de xuño de 2027. O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais para as bolsas-15, as cales realizaranse tendo en conta os períodos lectivos e non lectivos do curso académico e a carga lectiva do bolseiro/a, quen poderá distribuír e compensar ata un 20% das horas de dedicación dun mes entre distintas semanas dentro do mesmo mes. CONTÍA A contía individual será como máximo de 400€/mes para as bolsas de 15 horas. Esta contía estará suxeita á retención establecida na normativa tributaria aplicable e ás obrigas de cotización á seguridade social (cota obreira) que se establece na normativa vixente nestas materias. |
| Requisitos | Poderá solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
|
| Documentacion | As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlacehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15447, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación unidades e áreas” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 10 de setembro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante. Xunto coa solicitude, deberán subir ao formulario en liña (non haberá que subir a documentación á sede electrónica) de ser o caso, a seguinte documentación:
Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación dos requisitos e dos méritos alegados. |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986814094 |
| Web de bolsas: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
| Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=AE60F34865FC06302EADC63624AF7686?idtaskdata=53428803 |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
| Base de datos nacional de subvencións: | x |