Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Centros de Investigación, 2026/2027

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2026_2027 Centros Investigación
Data inicio solicitudes22/07/2026
Data fin solicitudes02/09/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15448
Descripción

OBXECTO

A presente convocatoria está prevista no Plan Estratéxico de Subvencións da Universidade de Vigo  como acción destinada ao cumprimento do obxectivo “desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado”, a través de fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades cunha forte compoñente de aprendizaxe e adquisición de novas capacidades e destrezas directamente vinculadas á titulación en que se matricula.

Convócanse 7 bolsas distribuídas do seguinte xeito:

  • Campus de Ourense:
    • 1 bolsa no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)
  • Campus de Vigo:
    • 3 bolsas no Centro de Investigación Mariña (CIM-ECIMAT)
    • 1 bolsa no Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO)
    • 1 bolsa no Centro de Investigación CINTECX
    • 1 bolsa na Cátedra R
Requisitos

REQUISITOS

Poderá solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Atoparse nalgún dos seguintes casos:
    • Posuír nacionalidade española.
    • Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal.
    • Posuír nacionalidade extracomunitaria e acreditar a residencia legal en España, de acordo co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Estar matriculado/a na Universidade de Vigo en centros propios no curso 2026/2027 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 14 de setembro de 2026.
  3. No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo que segundo o calendario académico é o 20 de xullo.
  4. Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 20 de xullo de 2026.
  5. Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

CONTÍA E PAGAMENTO

A dotación económica bruta será como máximo 400 €/mes, e estará suxeita á retención establecida na normativa tributaria aplicable e ás obrigas de cotización á seguridade social (cota obreira) que estableza a normativa vixente nesta materia.

O pagamento realizarase por meses vencidos mediante unha transferencia á conta bancaria en España que sinale a persoa beneficiaria da bolsa na súa solicitude e da que deberá ser titular.

Documentacion

SOLICITUDES

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15448, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación Centros de Investigación e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte de publicarse esta convocatoria, rematando o 2 de setembro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas que será vinculante.

Xunto coa solicitude deberán subir, de ser o caso, a seguinte documentación ao formulario en liña (non haberá que subir a documentación á sede electrónica):

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados.
  • No caso de estudantado comunitario deberá presentar documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea.
  • No caso de estudantado fóra da EU deberá presentar a tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non será suficiente co permiso de estadía por estudos).
  • No caso de estudantado procedente do sistema de protección á infancia e adolescencia deberá presentar certificado expedido polo órgano competente da comunidade autónoma.
Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 2 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=719E29BFCF6C411372DB888E17BD9476?idtaskdata=53071691

07/09/2026: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Enlace ao Taboleiro

Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 14 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude. Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual.

Documentos da fase da convocatoria:

17/09/2026 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás