Bolsas de formación en Centros Universitarios, 2026/2027
| Tipo | Bolsa de formación |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2026_2027 Centros Universitarios |
| Data inicio solicitudes | 08/07/2026 |
| Data fin solicitudes | 31/07/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15446 |
| Descripción | OBXECTO: Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO: A duración máxima do período formativo será de 9 meses e non se iniciará antes do 16 de outubro de 2026 rematando o 30 de xuño do 2027. O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais. CONTÍA: A contía individual será como máximo 400 €/mes para as bolsas de 15 horas. |
| Requisitos | Poderá solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
|
| Documentacion | SOLICITUDES: As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15446 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación Centros”, e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial se lle requirirá que a presente de xeito electrónico. PRAZO: O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte de publicarse esta convocatoria, rematando o 31 de xullo de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante DOCUMENTACIÓN: Xunto coa solicitude deberán subir ó formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica) de ser o caso, a seguinte documentación:
Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación dos requisitos de méritos alegados, o feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión, previa resolución. |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
| Teléfono: | 986 81 40 94 |
| Web de bolsas: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
| Taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=06793D8D51F8710C783E7874B814183F?idtaskdata=52624634 |