Bolsa de formación complementaria do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada, con Mención de Excelencia da Xunta de Galicia, no curso 2026/2027
| Tipo | Bolsa de formación |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2026_2027 Bolsa Máster Biotecnoloxía |
| Data inicio solicitudes | 25/06/2026 |
| Data fin solicitudes | 01/09/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15488 |
| Descripción | OBXECTO O obxecto desta convocatoria é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula. O máster en Biotecnoloxía Avanzada conta con financiamento da Xunta de Galicia a través da Mención de Excelencia, que permite a incorporación de bolseiros sempre que contribúa á mellora da excelencia do máster. Neste sentido, proponse convocar una bolsa de formación complementaria para fomentar o uso da plataforma dixital universitaria que da acceso a cursos de competencias dixitais, IA e ética profesional e de microcredenciais, entre as persoas matriculadas no máster. A presente convocatoria non está prevista no plan de subvencións vixente debido a que no momento da súa aprobación non existía a certeza da publicación da convocatoria durante o presente curso académico. |
| Requisitos | Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. |
| Documentacion | As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15488 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo no Asunto “Bolsas de formación no Máster en Biotecnoloxía avanzada” achegando unicamente o arquivo coa solicitude. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial se lle requirirá que a presente de xeito electrónico. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remato 1 de setembro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). De ser o caso achegarán a seguinte documentación ó formulario en liña (non hai que subir a documentación a sede electrónica):
Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión. |
| Observacións | OBRIGAS Son obrigas das persoas bolseiras:
Ademais a persoa beneficiaria debe cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que lle sexan de aplicación. |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
| Teléfono: | 986 81 40 94 |
| Web de bolsas: | https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/becas-formacion-0 |
| Taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=D6813DA1836122BDB459AFE6644E3A66?idtaskdata=52234657 |