Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Sistemas Informáticos, 2026/2027

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2026_2027 Sistemas Informáticos
Data inicio solicitudes23/06/2026
Data fin solicitudes31/07/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15445
Descripción

OBXECTO:

Desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través de fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO:

  1. A duración máxima do período formativo será de 9 meses e 15 días. Non se iniciará antes do 16 de outubro de 2026 e finalizará o 31 de xullo de 2027.
  2. O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10, as cales realizaranse tendo en conta os períodos lectivos e non lectivos do curso académico e a carga lectiva do bolseiro/a, quen poderá distribuír e compensar ata un 20% das horas de dedicación dun mes entre distintas semanas dentro do mesmo mes.

CONTÍA:

A contía individual será como máximo de 400€/mes para as bolsas de 15 horas e 265 €/mes para as bolsas de 10 horas, esta contía estará suxeita á retención establecida na normativa tributaria aplicable e ás obrigas de cotización á seguridade social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nesta materia.

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Atoparse nalgún dos seguintes casos:
    • Posuír nacionalidade española.
    • Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal.
    • Posuír nacionalidade extracomunitaria e acreditar a residencia legal en España, de acordo co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Estar matriculado en centros propios no curso 2026/2027 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 14 de setembro de 2026.
  3. No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao agás naqueles casos nos que no Anexo II se estableza unha maior porcentaxe de créditos superados. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo que segundo o calendario académico é o 20 de xullo.
  4. Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 20 de xullo.
  5. Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15445 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación sistemas informáticos” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

PRAZO:

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

DOCUMENTACIÓN:

As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante.

Xunto coa solicitude deberán subir ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica) de ser o caso, a seguinte documentación:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
  • No caso de estudantado comunitario deberá presentar documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea
  • No caso de estudantado fóra da EU deberá presentar a tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos).
  • No caso de estudantado procedente do sistema de protección á infancia e adolescencia deberá presentar certificado expedido polo órgano competente da comunidade autónoma.

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación dos requisitos e dos méritos alegados.

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace ao Taboleiro

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986814094
Web bolsas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=0928911DC6F0A681E5437DAA6566B53D?idtaskdata=52186600
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Base de datos nacional de subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/844062
Atrás