Secretaría Uvigo

Premios traballo fin de estudos emprendemento

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026_ Premios emprendemento
Data inicio solicitudes09/06/2026
Data fin solicitudes10/09/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15472
Descripción

Esta convocatoria ten por obxecto dar visibilidade á aportación daquelas liñas de investigación en materia de emprendemento e innovación impulsadas por estudantes da Universidade de Vigo, a través do desenvolvemento dos seus Traballos de Fin de Estudo (Grao e Máster) e Teses de Doutoramento.

Os premios distribúense en dúas categorías:

  • Premio de innovación e emprendemento a mellor Tese de Doutoramento
  • Premio de innovación e emprendemento ao mellor Traballo Fin de Grao (TFG) e Traballo Fin de Máster (TFM)

Cada categoría terá un primeiro e un segundo premio en cada unha das 5 áreas de coñecemento:

  • Artes e Humanidades
  • Ciencias Sociais e Xurídicas
  • Ciencias
  • Ciencias da Saúde
  • Enxeñaría e Arquitectura

e un accésit para cada categoría.

Requisitos

Pode solicitar este premio o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Atoparse nalgún dos seguintes casos:
    • Posuír nacionalidade española.
    • Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal.
    • Posuír nacionalidade extracomunitaria e acreditar a residencia legal en España, de acordo co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Ter superado na Universidade de Vigo
    • durante o curso 2025/2026 o TFG/TFM.
    • ou ter defendido e superado a Tese de doutoramento entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026.
  3. Que o traballo presentado propoña o desenvolvemento de novos produtos ou servizos que teñan un potencial nicho de mercado ou estea orientado á xeración dun proxecto empresarial que poida contribuír a creación dunha iniciativa empresarial.
  4. Non ter concedido este premio en convocatorias anteriores para o mesmo Traballo Fin de Estudos ou Tese de Doutoramento.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15472, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “Premios ó mellor TFG/TFM e Tese en temáticas relacionadas co emprendemento”, achegando unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica)

  1. Resumo do proxecto (máximo dúas páxinas) no que se reflictan os criterios de avaliación: innovación, viabilidade, impacto e plan de traballo.
  2. Vídeo autoeditable no que se expoña o potencial de transferencia do seu traballo presentado, de duración non superior a 3 minutos. Formato mp4 ou enlace ao repositorio.
  3. Informe favorable da persoa directora do traballo acerca do cumprimento do requisito 2.c)
  4. Copia do traballo Fin de Grao, Fin de Máster ou Tese de Doutoramento, en formato PDF ou enlace ao repositorio.
  5. No caso de estudantado comunitario deberá presentar documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea.
  6. No caso de estudantado extracomunitario deberá presentar a tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos).
Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 10 de setembro 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Enlace ao taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=FBC96A168605F4FB546B87ED4C4920EE?idtaskdata=44966354
Base de datos nacional de subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/848912
Atrás