Bolsas prácticas en empresas emerxentes 2025/2026
| Tipo | Bolsa de formación |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026 Empresas emerxentes |
| Data inicio solicitudes | 25/05/2026 |
| Data fin solicitudes | 11/06/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index |
| Descripción | O obxecto desta convocatoria é desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha iniciativa empresarial de recente creación, de modo que poidan ver o emprendemento como unha oportunidade para o desenvolvemento do seu futuro profesional. |
| Requisitos | Poderá solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos: a) Atoparse nalgún dos seguintes casos:
b) Estar matriculado nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2025/2026 da Universidade de Vigo. c) No caso dos estudos de grao, deberán ter superados o 50% dos créditos da titulación ata o curso 2024/2025.
Requisitos das iniciativas empresarias:
Aquelas entidades que desexen participar neste programa de bolsas como entidades receptoras do estudantado poderán solicitar a adhesión ao programa cubrindo o formulario en liña dispoñible no seguinte enlace da Secretaría virtual da Universidade: |
| Documentacion | 1. A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index / Programa de prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes. 2. No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:
Xunto coa solicitude a persoa solicitante poderá propor a iniciativa onde quere facer as prácticas, indicando os datos da mesma e as datas previstas da estadía (Anexo II). Esta iniciativa ten que cumprir os requisitos recollidos na base 3 da convocatoria e deberá rexistrarse no enlace facilitado na mesma base. No caso de que non propoña unha entidade, asignarase unha das iniciativas acorde co seu perfil académico. |
| Observacións | O prazo de presentación das solicitudes comeza+ o día seguinte da publicación desta convocatoria e remata o 11 de xuño de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). O período de prácticas terá unha duración entre 1 e 2 meses, e poderán desenvolverse dende o día seguinte á publicación da adxudicación ata o 30 de setembro de 2026 coas condicións descritas no documento de formalización da práctica académica. No caso de estudantado que finalice estudos no curso 2025/2026, deberá rematar as prácticas antes da presentación da solicitude de título e en todo caso antes do 31 de agosto de 2026. A contía individual será de 795 €/mes, a cal estará suxeita ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza a normativa vixente nesta materia. No caso de prácticas extracurriculares estará así mesmo suxeita ás retencións establecidas polas normativas tributarias aplicables. |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986814094 |
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
| Taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=51566631 |
| Calendario de bolsas: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7 |
| Base de datos nacional de subvencións: | https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/907591 |