Secretaría Uvigo

2026 Premio Excelencia Académica Grao Ángela Ruiz Robles. Xunta de Galicia

TipoPremios
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2026_PEG XUNTA
Data inicio solicitudes12/05/2026
Data fin solicitudes12/05/2026
Descripción

Premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao do curso académico 2024/2025 no Sistema universitario de Galicia.

Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan. 

Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.100 euros e un diploma acreditativo.

Requisitos
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
  • Ter no curso académico 2024/2025 a nota media igual ou superior a 8 puntos.
  • Ter superado no curso académico 2024/2025 con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  • Estar matriculado da mesma titulación no curso 2025/2026.
Observacións

Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.

  •  Publicarase nesta páxina a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria.
  • As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco (5) días desde a súa publicación para efectuaren as súas reclamacións.
  •  A universidade correspondente, unha vez resoltas as reclamacións formuladas, publicará na súa páxina web a relación definitiva do alumnado proposto para o premio.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49843
Atrás