2026 - Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música
| Tipo | Concursos |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2026 - Concursos - premios |
| Data inicio solicitudes | 26/05/2026 |
| Data fin solicitudes | 29/07/2026 |
| Descripción | Coa intención de promover prácticas culturais e artísticas e de dar visibilidade á creatividade da nosa comunidade universitaria, convócanse os seguintes premios en 2026:
|
| Requisitos | Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (estudantado, PTXAS ou PDI) coas especificacións, que para cada premio, se recollen na convocatoria.
|
| Documentacion | Prazo de presentación de solicitudes: do 26 de maio ata o 29 de xullo de 2026, ás 23:59 horas (hora peninsular española). Prazo de presentación da obra: do 26 de maio ata o 29 de xullo de 2026, ás 23:59 horas (hora peninsular española) terá que cargarse a obra na plataforma DPV (recoméndase que o día que presenten a solicitude en sede a continuación presenten a obra ). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. |
| Observacións | Guía de cómo facelo: 1.- A persoa autora da obra ten que cumprimentar a solicitude de participación que se indican como Anexo da convocatoria. Pode descargalos no apartado de Documentación desta publicación. Unha vez cumprimentado o formulario será o que presentará na sede electrónica de acordo co indicado no paso 2. 2.-No prazo de solicitudes indicado anteriormente, e dende o procedemento correspondente da sede electrónica, despois de ler a información deberá premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”: No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta. No campo “Documentación” engadirá o documento PDF xerado no paso anterior. Por último premerá en “Enviar solicitude”, isto xerará o xustificante de presentación en sede. Acceso ao procedemento sede: Estudantes Acceso ao procedemento sede: PTXAS/PDI 3.-O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e a contrasinal de acceso que se necesitará para realizala a través de DPV. 4.-Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo a cargar no aplicativo DPV, debe nomearse co número de xustificante de presentación e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías. Para a presentación de solicitudes nos premios con varias modalidades, deberá cumprimentar un formulario para cada unha delas. INFORMACIÓN E CONSULTAS: Sección de Extensión Universitaria Teléfono: 986 813 626 Correo electrónico: extension@uvigo.gal
|
| Documentos da convocatoria | |
Bases da convocatoria do Concurso de Cultura - 2026
| Documentos da fase da convocatoria: | |